Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Festival Falando a boca chea 2023

Falando a boca chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público, que se realiza no Fórum Metropolitano, do 11 ao 15 de abril de 2023.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/04/2023 ata o 15/04/2023

Xa rematou

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo das entradas do auditorio:

- Venda anticipada (ata ás 23.59 h do día anterior): 5,00 €

- Venda no despacho de billetes do Fórum (dende unha hora antes): 7,00 € e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e Carné Xove.

Venda de entradas anticipada a través da web https://ataquilla.com; no despacho central de billetes da praza de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

E no despacho de billetes do Fórum, unha hora antes de cada función (se quedan entradas dispoñibles).

Os espectáculos gratuítos na Biblioteca Infantil, serán con inscrición previa a través da páxina web www.coruna.gal/bibliotecas

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

Biblioteca Infantil (sesión para nenas e nenos de 2-4 anos), ás 18.00 h

  • Ramiro Neira,"Avións de papel", mércores 12 de abril

Os contos son coma bolboretas, ou mellor, coma avionciños de papel... Hai avións de papel grandes e contos moi longos, hai avións de papel vermellos e contos que falan do amor, hai avións de papel azuis e contos que falan dos soños, hai avións de papel verdes e contos que falan da esperanza...

E todos eses avións-contos van voando cara ao seu país, O País dos contos.

  • Soledad Felloza, "A caixa dos fíos", venres 14 de abril

Dende o ano 2004 Sole Felloza escribe unha bitácora de vida na rede.

Contos, andanzas, receitas, poesía, lendas e fotografía.

Unha ollada ao mundo que naceu no recordo daquela caixa que na súa casa facía as veces de costureiro, pero tamén nas tardes de choiva foi barco, avión, pasaporte ao mundo dos soños.

Abrir a caixa é contar.

Entrada: gratuíta, logo da previa inscrición na web das Bibliotecas Municipais www.coruna.gal/bibliotecas

--------------------------------------------------------------------

Vestíbulo do Fórum Metropolitano, ás 19.00 h, para todos os públicos

  • Pakolas," Rockeando coa Ramona", martes 11 de abril (se non chove estará no Parque Europa)

Un espectáculo para compartir coas máis pequenas e coa familia. Pakolas tamén incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos máis aclamados polo público, dos libros de "Pakolas" de 2018, e "Ramona Órbita, a dona do tempo" de 2020.

  • Ramiro Neira, "Contar para os amigos", mércores 12 de abril

Onde se atopan as historias máis interesantes, os personaxes máis curiosos, os feitos máis incribles? Ás veces, para coñecer relatos sorprendentes non hai máis que contar coas amizades... Sesión de narración oral na que se presentan historias que van do inaudito ao incrible.

  • Atenea García,"VHS (Vicio Houbo Sempre)" xoves 13 de abril

Nos últimos anos andamos recollendo historias de vida e ás veces entre bica, viño e café sendo todas mulleres rematamos por falar do importante: do vicio.

  • Soledad Felloza, "Bailar nas nubes" venres 14 de abril

Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff de Editorial kalandraka. O libro é unha viaxe poética e visual para chegar a bailar coas nubes. No espectáculo cóntase a historia (creación libre) de cada unha das casas, das persoas que fan posible o soño da nena. Porque a historia de cada un de nós é unha tea feita dos fios da memoria de todas e todos.

  • Colectivo Amador Cédoche a Palabra, sábado 15 de abril

As narradoras e narradores bebemos das fontes das persoas recompiladoras e, á vez, recompilamos historias, practicamos unha arte escénica, que está preto do teatro. Somos un punto nun universo amplo moi correlacionado. O Colectivo Cédoche a Palabra queremos que, como mínimo unha vez ao ano, este universo xire ao unísono e escoitemos historias, as nosas propias historias.

Entrada libre ata completar a capacidade

--------------------------------------------------------------------

Auditorio do Fórum Metropolitano, ás 20.30 h

  • Celso Fernández Sanmartín, "A calor", mércores 12 de abril
  • Cándido Pazó, "Non hai mal que por ben non veña", xoves 13 de abril
  • María da Pontragha, "Coa palabra na boca", venres 14 de abril
  • Caxoto,"Don Carnal (contos desvergoñados)", sábado 15 de abril

Entradas: 5,00 € (venda anticipada ata o día anterior á función ás 23.59 h)

O mesmo día da función: 7,00 € e 6,00 € con Carné Xove, +65 anos ou persoas desempregadas.

--------------------------------------------------------------------

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión