O final de curso é un dos momentos máis especiais do ano na nosa escola. Despois de meses de aprendizaxe, esforzo e evolución musical, chega o momento de subir ao escenario e compartir todo o vivido durante o curso con familias, amigos e compañeiros.
Para público en xeral
30/06/2026
17.30 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
2,00 €
Yamaha Music School A Coruña
O noso Festival de Fin de Curso é moito máis que unha actuación: é unha celebración da música, da creatividade e do crecemento persoal de cada alumno. Desde os máis pequenos ata os estudantes máis avanzados, todos teñen a oportunidade de gozar dunha experiencia única sobre o escenario, gañando confianza, motivación e recordos que permanecerán para sempre.
Durante o festival poderemos gozar de actuacións de guitarra eléctrica e de grupos formados por exclusivamente para este festival.
Cada interpretación reflicte o traballo realizado durante o ano e o compromiso dos nosos alumnos e profesores.
Ademais, este evento representa unha ocasión perfecta para compartir en comunidade a paixón pola música e pechar o curso dunha maneira inesquecible.
Grazas a todas as familias por acompañarnos un ano máis e por formar parte desta gran familia musical.
Esperámosvos para gozar xuntos dunha tarde chea de música e emocións!
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades

18/06/2026

19/06/2026

Os días 01/03/2026, 19/04/2026, 27/06/2026

27/06/2026
Entradas á venda o martes 10 febreiro 2026 ás 20.00 h

28/06/2026

29/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible