A Asociación Cultural Negus celebra o Festival Inclusivo "On d Bass Vol.8"
Para público en xeral
06/06/2026
Xa rematou
16.30 h
Parque de Santa Margarita. Glorieta América s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre
Asociación Cultural Negus
O festival inclusivo segue medrando e este 2026 a oitava edición do festival "On de Bass" volverase a celebrar ao aire libre, no Parque de Santa Margarita da Coruña, o vindeiro sábado 6 de xuño, a partir das 16.30 h. Este festival é unha celebración do fin da actividade de Dj "Inclusivo", obradoiros impartidos pola Asociación Cultural Negus a usuarios e usuarias de entidades coruñesas que traballan con persoas con algún tipo de discapacidade ou con persoas en risco de exclusión social, e que está enmarcado dentro do proxecto Cultura Accesible, Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña e coa que colaboran a Fundación María José Jove e o grupo Vegalsa-Eroski.
O "On d Bass" é un encontro familiar e aberto a todos os públicos no que a música será a protagonista nunha xornada inclusiva na que participarán máis de 50 alumnos/as dos obradoiros de Dj Inclusivo, así como o colectivo galego formado por mulleres "Dub in"Soul . A continuación un dos máis veteranos e queridos non só da escena soundsystem galega, senón nacional Manés aka Soundkilla. Para terminar coa grande actuación dun dos/as selectores/as máis recoñecidos/as e activos actualmente en Europa, Alpha Steppa.
Todas estas sesións de Dj soarán a través do primeiro sistema de son artesán de Galicia, Soundkilla Soundsystem.

Os días 05/08/2026, 06/08/2026, 07/08/2026, 08/08/2026, 09/08/2026

09/08/2026

Os días 10/08/2026, 11/08/2026, 13/08/2026

Os días 09/09/2026 á 01:00 , 10/09/2026

19/09/2026

02/10/2026
Venda de entradas desde o 27 de maio de 2026, ás 11.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible