O Aquarium Finisterrae acolle o 23 de maio o concerto do Festival RESIS titulado «Proxecto 20|21», presentado pola Orquestra Sinfónica de Galicia e Zoar Ensemble.
Para público en xeral
23/05/2021
Xa rematou
Recollida de invitacións no Aquarium Finisterrae a partir do 13 de maio, de 10 a 18 horas, ata que se esgoten. A capacidade da sala está reducida.
O concerto terá lugar o 23 de maio ás 19.00 horas.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
Entrada gratuíta, con retirada previa de invitacións a partir do 13 de maio no Aquarium Finisterrae.
O Festival RESIS e a Orquestra Sinfónica de Galicia únense na creación actual coa posta en marcha da súa «Proxecto 20/21», que inclúe o encargo e estrea de vinte obras doutros tantos compositores e compositoras galegas a cargo de once grupos de cámara do propio conxunto orquestral. O proxecto abarca practicamente todas as tendencias, estéticas e xeracións da creación galega actual, coa referencia ineludible do compositor Rogelio Groba e de autores que desde Galicia son recoñecidos e premiados a nivel internacional.
RESIS é un festival internacional de música contemporánea e artes vivas que establece na Coruña un punto de encontro para a difusión da creación e interpretación do noso tempo. Un espazo de confluencia onde xerar novas vías de audición, reflexión, debate e formación sobre as distintas linguaxes da creación de vangarda.
27/04/2024
27/04/2024
Os días 25/04/2024, 26/04/2024, 27/04/2024
Os días 25/04/2024, 26/04/2024, 27/04/2024
27/04/2024
Dende o 26/04/2024 ata o 27/04/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible