Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Folk no Colón - MILLADOIRO

Ciclo Folk no Colón

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/10/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea (filas 1 a 5): 34,00 €

Platea (resto de filas): 31,00 €

Palco central: 31,00 €

Palco lateral: 26,00 €

Principal: 22,00 €

1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 18,00 €

*Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

*Desconto do 25% para familia numerosa

Requisitos:

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/#

A historia viva da música galega regresa aos escenarios coruñeses. Milladoiro, banda pioneira e símbolo do noso folk contemporáneo, ofrecerá un concerto único no Teatro Colón dentro do ciclo Folk no Colón.

Con máis de catro décadas de traxectoria, Milladoiro foi capaz de levar os sons tradicionais de Galicia a escenarios de todo o mundo, dende Escocia ata Os Estados Unidos, mantendo sempre acendida a chama da nosa identidade cultural a través da música. A súa proposta combina instrumentos ancestrais, composicións propias e melodías de raíz, cunha sensibilidade artística que emociona a xeracións enteiras.

Neste concerto o grupo repasará algunhas das pezas máis emblemáticas do seu repertorio, celebrando a beleza e a forza da música de raíz cunha posta en escena elegante, íntima e chea de matices. Unha oportunidade irrepetible para reencontrarse coa alma sonora de Galicia da man dunha das súas bandas máis internacionais.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente o día do concerto
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión