Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Footnote (Pé de páxina) de Joseph Cedar

"Footnote" é a historia dunha gran rivalidade, a que manteñen un pai e o seu fillo. Ambos os dous son profesores excéntricos que se dedican en corpo e alma ao seu traballo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/11/2022 ata o 19/11/2022

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00€

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

O proxenitor parece un testán purista que despreza os parabéns do stablishment mentres que Uriel, o seu fillo, esfórzase na procura de recoñecemento e eloxios. Pero un día, as cousas cambian cando o veterano mestre é erroneamente premiado coa honra máis valiosa que se poida recibir. O mozo debátese entre o orgullo e a envexa. Será capaz de sabotar a gloria do seu pai?

Con: Lior Ashkenazi e Shlomo Bar-Aba

Israel, 2011 - 106 min (VOS en castelán)

APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión