Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Goyo Jiménez "By the way"

Goyo Jiménez presenta o seu novo espectáculo en Galicia, titulado 'Bytheway'.

A quen vai dirixido?:

+ 14 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/09/2016 ata o 25/09/2016

Xa rematou

Horario:

Sábado 19.30 e 22.30 h

Domingo 19.30 h

Duración:

100 min

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

18'00, 21'00 € (venda anticipada 16'00, 19'00 €)

O considerado por público e crítica como mellor monologuista cómico do país, deleitará o público cos seus mellores momentos revisados desde o momento actual da súa vida. Non se trata dun recompilatorio ao uso, xa que nada en Goyo é usual, así que o espectador verase inmerso no porqué dos monólogos e poderá volver lembrar algúns dos seus mellores momentos pero desde unha visión diferente e como sempre con momentos novos e hilarantes.

Por que esa fixación cos americanos? Por que cambiou despois de 10 anos e creou outros 5 espectáculos diferentes?

Neste espectáculo poderás rememorar os mellores monólogos de Goyo Jiménez explicados por el e como xa te darás conta con moitas novidades que non viches en TV ou noutros espectáculos, xa que aquí poderás ver que o show cambia por días e cada día verás algo novo que non viches antes e que probablemente só o poidas ver ese día.

Todo iso coa barroca e exhaustiva posta en escena de Goyo Jiménez, quen explota de novo neste espectáculo todos os seus recursos expresivos de corpo e voz ao servizo da diversión e a transmisión de emocións e sensacións, de forma detallista e virtuosa. É esta particular forma de construír os seus man shows, precisamente, a que lle valeu o recoñecemento de crítica e público.

Habitual do programa El Club de la Comedia, Goyo foi elixido como Mellor Monologuista polas audiencias da serie, ademais conta con máis de 400.000 seguidores en Twitter, e os extractos do seu anterior espectáculo 'Aiguantulivinamerica', colgados en Youtube, recibiron máis de seis millóns de visitas. Coas súas actuacións en directo superou longamente a cifra do millón de espectadores, e nos cinco anos que leva actuando na Gran Vía de Madrid e no Paralel de Barcelona, non deixou de colgar o cartel de 'entradas esgotadas' cada semana.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión