Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Gran Concerto de ano novo

Co Russian National Ballet e a Orquestra Filarmónica de Moldavia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/01/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

O Grand Ballet Ruso foi fundado polas grandes escolas Rusas de Moscova, San Petersburgo e Kiev. Os principais bailaríns son os máis cualificados das grandes compañías e academias de ballet. Hoxe, O Grand Ballet Ruso é unha institución con máis de 50 brillantes bailaríns. O seu director artístico, Constantin Pinchuk, está dedicado á tradición do Ballet Ruso Clásico. Gañouse unha reputación de talento e versatilidade viaxando por todo o mundo cos ballets tradicionais e con divertimentos máis curtos. O repertorio do Gran Ballet Ruso contén obras mestras da coreografía mundial tales como: Giselle, O lago dos cisnes, O Cascanoces, Don Quixote, A Bela Dormente e outros.

A Orquestra Filarmónica de Moldavia con sede en Chisinau fundouse fai setenta e cinco anos, o que a converte nunha das máis vellas institucións musicais de Moldavia e a leva a ser depositaria do legado cultural moldavo, clásico e popular. Actualmente, a orquestra, dirixida por Mihail Agafita, converteuse nun soporte para todo tipo de producións artísticas, sendo esencial para óperas, ballets e para sesións de masterclass. Ao longo da súa historia, gravou un gran número de pezas para películas, aínda que tamén interpretou pezas modernas. A orquestra está formada por profesores, graduados das academias musicais e conservatorios de Moldavia, Ucraína e Rusia.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión