Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Grandes do Gospel 2022. Amazing Grace. A Gospel celebration to Aretha Franklin

LOCALIDADES ESGOTADAS

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/12/2022

Xa rematou

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Horario:

20.30 h

- Hora apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea e Palcos: 30.00 €

Principal: 20.00 €

1ª fileira principal (VR) / Mobilidade reducida (MR) : 18.00 €

- Prezo con desconto: Desconto do 20 % para carné Xove, +65 anos, persoas desempregadas / Desconto do 25 % para familia numerosa

*Presentarase a documentación que confirme a aplicación do desconto no despacho de billetes no momento de comprar a entrada e o día do concerto no momento de acceder ao Teatro

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Cávea

LOCALIDADES ESGOTADAS

Amazing Grace 50th. A Gospel Tribute To Aretha Franklin será a contribución de Grandes do Gospel ao cincuenta aniversario dunha das gravacións que aínda seguen influíndo nos estándares de interpretación da música afroamericana.

A realización desta produción, que presentará integramente as cancións do LP orixinal e algúns hits de Aretha Franklin, non sería posible sen a participación apaixonada dos protagonistas desta historia: The Black Heritage Choir, unha selección de cantantes de Mississippi Mass Choir, que baixo a dirección musical de Jerry Calvin Smith, organista da Grater Fairview Missionary Baptist Church, profesor da Jackson State University e pianista da gran coral do estado de Mississippi, traerán de volta a Europa o son do gospel no Nadal de 2022.

Aretha Franklin gravou Amazing Grace no corazón negro dos Angeles fai cincuenta anos. O 13 e o 14 de xaneiro de 1972 nunha pequena igrexa do barrio de Watts, a New Amorne Missionary Baptist Church, volveu ser a filla do predicador e deixou para a historia do Gospel, coa colaboración de James Cleveland e a coral Southern California Community Choir, o seu disco máis vendido. Entre a expectante audiencia de fans do barrio e un feixe de hipsters californianos brillaban algunhas estrelas da América negra e unha lenda do rock internacional que aínda non sabía que era inmortal. Clara Ward, unha das grandes influencias de Aretha e fundadora das Famous Ward Singers; o Reverendo CL Franklin, o home coa voz dun millón de dólares, pai da Raíña do Soul e principal apoio de Martin Luther King; sen esquecer a un novísimo Mick Jagger, que sempre recoñeceu a súa débeda con xeracións de bluesmen e músicos anónimos.

Amazing Grace é un dos discos máis belos da música popular do século XX. O seu repertorio, con chiscadelas á modernidade de Marvin Gaye e Carole King e perlas da nova tradición creada por Thomas Dorsey e Herbert Brewster, está sacado dos libros de himnos que se podían atopar en calquera igrexa negra desde Memphis, Tennessee, a Detroit, Michigan, na Idade Dourada do Gospel.

A nena de igrexa que foi Aretha convoca nesas sesións, coa voz poderosa dunha gran cantante en plena posesión de todos os seus rexistros, imaxes e sentimentos dun pasado recente común a toda a congregación.

O resultado é conmovedor, porque os membros do coro, os músicos e o público comparten os códigos secretos que ocultan as cancións que saben de memoria.

Por todo iso Amazing Grace ten un eco da maxia que só poden ter os concertos en directo, feitos de calor, de humanidade e de alegría. É tamén un canto de nostalxia polos bos vellos tempos e unha emotiva reivindicación dos homes e mulleres que fixeron posible desde as igrexas negras dos Estados Unidos, a cultura do gospel.

Ligazón a vídeo

https://youtu.be/UNbMS9rfm7Q?t=4

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón unicamente días de espectáculo desde dúas horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión