Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

I Edición do concurso “A mirada violeta de Dona Emilia”

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña convoca este concurso no marco da programación de actividades relacionadas coa conmemoración do 8 de marzo.

A quen vai dirixido?:

Poboación entre 12 e 30 anos, ambos os incluídos, do termo municipal da Coruña.

A quen vai dirixido:

Xuvenil

Inscricións:

Dende o 08/03/2021 ata o 19/04/2021

Ampliación de prazo de recepción de obras ata o 19 de abril ás 14:00h.

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

Servizo de atención telefónica: 010 (desde a cidade)

Servizo de atención telefónica: 981 184 200 (desde fóra da cidade)

Observacións:

Para máis información, podes contactar a través do Whatsapp ou por correo electrónico.

Documentos:

BASES-CONCURSO-2021-Gallego-Emilia-Pardo-Bazan-v3-.pdf (394 KB)

Desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, coa intención de traer ao presente esta Muller sen límites que loitou por traspasar as barreiras de cristal impostas pola época na que viviu, convócase un concurso no cal, a través dos ollos da xente nova do muncipio, represéntense, de forma gráfica e escrita, as inquietudes relacionadas coa igualdade e a diversidade de antes e de agora.

O concurso desenvolverase en dúas modalidades:

  • Modalidade gráfica (ilustracións artísticas)
  • Modalidade literaria (texto de estilo libre)

Poderán participar os mozos con idade comprendida entre os 12 e os 30 anos (ambos os incluídos), na que poderán presentar soamente unha obra orixinal, inédita e non premiada con anterioridade. Repartidas en diferentes categorías:

  • Categoría I, na que poderán participar mozas de entre os 12 e os 15 anos.
  • Categoría II, na que poderán participar mozas de entre os 16 e os 17 anos.
  • Categoría III, na que poderán participar mozas de entre os 18 e os 30 anos.

O veredicto do concurso publicarase o 23 de abril, Día Internacional do Libro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión