Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

I Mostra Internacional de Cinema por Mulleres A Coruña

Con motivo da celebración do mes da Muller, a cidade da Coruña acollerá a mostra de cinema cunha variada selección das máis recentes longametraxes nacionais e internacionais dirixidas por mulleres

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/03/2023 ata o 02/04/2023

Xa rematou

Enderezo:

Cantóns Cinemas. Avda. Alférez Provisional (CC Cantones Village) 3. 15003 A Coruña

Páxina web:

https://www.cantonescines.com/index.php/inicio.

Organiza:

Concello da Coruña

A cidade da Coruña presentará a I Mostra Internacional de Cinema por Mulleres A Coruña do 22 de marzo ao 2 de abril de 2023 nos Cantones Cines, no marco das actividades organizadas polo Concello da Coruña arredor do día Internacional da Muller 2023.

Con esta mostra, preténdese achegar ao público da cidade unha selección das máis recentes longametraxes internacionais e nacionais dirixidas por mulleres, realizadas entre 2021 e 2022. A mostra presentarase o próximo 22 de marzo, ás 17.30 horas, nos Cantones Cines pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e os co-directores e fundadores do proxecto, Carlota Álvarez Basso e Diego Mais Trelles.

O proxecto súmase á oferta cultural anual dunha cidade orgullosa do legado das numerosas coruñesas que destacaron en diversas áreas da cultura a escala nacional e internacional: desde a actriz María Casares ata as escritoras Emilia Pardo Bazán e Juana de Vega, pasando pola pintora Lolita Díaz Baliño ou a lendaria heroína María Pita. As 20 películas que se proxectarán xa formaron parte da Competición Nacional e Internacional da V edición do Festival de Cine por Mujeres Madrid, que tivo lugar de 25 de outubro a 6 de novembro do 2022. Entre elas atópanse as dúas películas gañadoras: a multipremiada "Cinco Lobitos", da directora española Alauda Ruiz de Azúa que conquistou os Forqué, os Feroz e recibiu 3 premios Goya e "Estación Catorce" da directora mexicana Diana Cardozo, gañadora da competición da V edición do Festival Cine por Mujeres Madrid como Mellor Película de 2022. As 10 longametraxes internacionais proveñen de Alemaña, Colombia, Eslovaquia, Estados Unidos, Dinamarca, Marrocos, México, Siria, Suecia e unha coprodución de Turquía e Ucraína. Todas elas, estreadas en España no marco da V edición do festival, competiron polo Premio á Mellor Película 2022, cuxo xurado internacional estivo composto pola actriz española Irene Escolar, a directora arxentina Ana Katz e o director español Víctor García León. A selección das 10 películas españolas, realizadas entre 2021 e 2022, componse tamén de longametraxes moi premiadas e seleccionadas en diversos festivais nacionais como Valladolid-SEMINCI, o Barcelona FilmFest, o Festival de Sitges ou o Festival de Málaga, e internacionais como Cannes, Berlinale ou Sundance. Trátase dunha variada selección de ficción-drama, comedia familiar, terror, experimental e documental, que ofrece ao público coruñés unha oportunidade única de poñerse ao día sobre a recente produción cinematográfica do noso país dirixida por mulleres. Todas as longametraxes competiron polo Premio á Mellor Película Española 2022 do Festival Cinema por Mulleres Madrid, dirimido por críticos cinematográficos da Asociación Premios Blogos de Ouro. Con esta iniciativa, o Concello da Coruña en colaboración coa organización do Festival Cine por Mujeres Madrid e Sidras Maeloc, amplía a súa variada oferta cultural e a súa aposta por unha cinematografía de calidade e diversa que, en ocasións, a pesar de ser multi-premiada por crítica e público, e de recibir grandes recoñecementos nacionais e internacionais, non adoita chegar á distribución comercial en salas. Este programa complementa outras iniciativas como as desenvolvidas polo Concello a través das súas propias salas de cinema do Fórum Metropolitano, á vez que prosegue coas súas accións políticas de igualdade, visibilizando a importancia e presenza da muller, neste caso, no ámbito da cultura e da industria cinematográfica. A mostra comezará as proxeccións coa película gañadora da Cuncha de Ouro no Festival de Cinema de San Sebastián 2022, "Los Reyes del Mundo", da directora colombiana Laura Mora, tamén gañadora do Premio Feroz Zinemaldia e Mellor película no Festival de Zúrich 2022, ademais de proposta aos Óscar por Colombia.

+ info sobre horarios e venda de entradas en

Cantones Cines (A Coruña)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión