Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

II Festival Mar de Mares

Segunda Edición deste encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/09/2015 ata o 29/11/2015

Xa rematou

Páxina web:

www.festivalmardemares.org

O Festival Mar de Mares busca concienciar a institucións, empresas e cidadáns da necesidade da protección do hábitat mariño para garantir a súa sostibilidade.

A programación abarca exposicións, obradoiros, encontros con artistas, científicos e representantes do sector industrial, charlas, storytelling, gastronomía, accións directas de preservación da paisaxe, como as recollidas de lixo en praias e, do mesmo xeito que na edición anterior, haberá un Mercado do mar.

O Festival Mar de Mares está organizado por Caravan Proxectos de Cultura e Crearte Servizos Culturais e conta co apoio de diversas institucións públicas, como a Consellería do Medio Rural e do Mar. O Concello da Coruña e a Deputación Provincial súmanse este ano ao Festival. Este ano, o Festival conta ademais coa implicación do proxecto europeo Sea for Society.

Este ano contamos de novo coa Domus e o Aquarium Finisterrae entre as nosas sedes, ademais da Sala de Exposicións Palexco, o Kiosko Alfonso, os Xardíns de Méndez Núñez ou a Lonxa.

Grazas a un programa multidisciplinar, o Festival Mar de Mares diríxese a todo tipo de públicos, idades e procedencias. Desde as exposicións e obradoiros cun enfoque familiar, ata as actividades dirixidas ao público especializado en arte, fotografía, ciencia, investigación, docencia ou activismo.

 

Expos&arte na rúa

Océanos. Retrospectiva de David Doubilet. Do 24 de setembro ao 29 de novembro (Kiosko Alfonso).

Cidade azul: Arte na rúa con Basurama e Hábitat Social. Desde o 24 de setembro (Distintos puntos do perímetro costeiro).

Somos mar. Do 30 de setembro ao 29 de novembro (Sala de exposicións Palexco).

Mural urbano colaborativo. Desde o 24 de setembro (Praia de San Amaro).

Luis Seoane e o mar. Liberdade, cadea, refuxio ou campa. Do 24 de setembro ao 29 de novembro (Fundación Luis Seoane).

Perseguindo a Mr. Goodfish. Do 1 de outubro ao 29 de novembro (Museo do Mar de Galicia. Vigo).

 

Talleres e programa educativo

Taller de fotografía submarina David Doubilet e Jennifer Hayes. 14 de novembro (Domus)

Un día con xentes do mar. Do 24 de setembro ao 29 de novembro (Centros escolares da Coruña e espazos de traballo dos profesionais do mar)

Mergúllache en Océanos. Visita á exposición de David Doubilet. 26 de setembro, 10, 17 e 24 de outubro, 7, 14 e 28 de novembro (Kiosko Alfonso)

Debuxa a lonxa. 26 de setembro (Lonxa da Coruña)

Safari fotográfico. A Coruña e omar . 26 de setembro (Rúas da Coruña)

O mar a fondo. Ciencia a través da experiencia. Do 28 de setembro ao 4 de outubro (Casa da auga)

 

 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión