O Concello organiza estas Xornadas para dar a coñecer a oferta de Formación Profesional da cidade os días 23, 24 e 25 de febreiro e 2 de marzo.
Para público en general
Desde el 23/02/2026 hasta el 02/03/2026
Ya ha finalizado
Para alumnos/as matriculados/as en centros de fóra da cidade, non matriculados e persoas adultas, o prazo de inscrición será do 26 de xaneiro ao 12 de febreiro.
Cartel das III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) (656 KB)
O Concello da Coruña, en colaboración cos centros públicos de Formación Profesional da cidade, a EASD Pablo Picasso e a EASD Mestre Mateo de Santiago, pon en marcha por terceiro ano consecutivo esta iniciativa.
O obxecto das xornadas é dar a coñecer aos estudantes de secundaria a oferta e as novidades dos ciclos formativos de FP, das ensinanzas artísticas profesionais e dos estudos Superiores de Deseño na Coruña para o próximo curso 2026/2027, sendo os principais destinatarios o alumnado de bacharelato, o dos últimos cursos da ESO e o de FP de graos medio e básico. Tamén se dará a coñecer a oferta de FP Básica, para alumnado con dificultades de acadar o graduado escolar e o público en xeral.
O prazo de inscrición ábrese o luns 19 de xaneiro, para o alumnado dos centros da Coruña, e o luns 26 para os/as alumnos/as matriculados/as en centros de fóra da cidade, non matriculados e persoas adulta. En tódolos casos, o prazo de inscripción finalizará o día 12 de febreiro.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación en liña a través da ficha de inscrición á que se accede desde o código QR que aparece no cartel das Xornadas ou desde este enlace, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible