Unha divertida xornada de teatro en saúde mental
Para público en xeral
17/10/2017
Xa rematou
de 10 a 19 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
con convite, até completar a capacidade
981 132 218
Asociación.- AVELAIÑA
TIRITITI-TIRITITÁ ¡¡¡¡ QUE PANORAMA !!!!!!!!!
Con: Natalia Pumar Miranda, Pablo Rodríguez Miguez, Miguel Ángel Piña Vinagre, Juan Domínguez Rocha, Moncha Vaz González
dirección: Moncha Vaz
duración: 25-30 minutos
Parodia musical dunha festa nacional !!!!!!!!!!!!!!!
Andaina Dodro
"FULL MONTY"
Con: Kiko, Yordani, Eva, Zeltia, Rosa, Fran, Christ, Manuel, Margarita, Carmen, Eloy e Matías.
Nunha cidade onde a falta de traballo, a precariedade e situacións familiares difíciles son o común é preciso superarse a través da amizade, a loita, a creatividade e o humor. Revirar o fracaso en éxito, eis a mensaxe vital de Full Monty adaptada por nós para incidir na temática erótica e sexual que tanto nos preocupa desde persoas con enfermidade mental.
Simon Beaufoy
DIRECCIÓN FILM.- Peter Cattaneo ADAPTACIÓN E DIRECCIÓN TEATRAL.- Nazaré da Vila e Teatro Andaina TÉCNICA/O DE SON E LUCES.- Lorena F.Lens e Alex Díaz Música: Banda sonora do filme.
Asociación. - ANDAINA ORDES
Título "O galo" Comedia dell'Arte.
Con: Rosa, Mª Jesús, Inma, Yordani, Juan, José Manuel, Andy e Guille.
Dirección: Nazaré da Vila Textos de: Lucho Penabade. Técnica/o: Fran Salvado e Lorena F. Lens. Música: músicos da Banda de Ordes co Dtor. J. Paino
Duración: 25-30 minutos
Un canovaccio de Comedia dell'Arte, no que un dos protagonistas e desencadenantes do enredo é un galo cantareiro. Os afamados personaxes de Colombina, Berroa, Zapatillas, Capitano Spavento, Arlequino, Dottore Graciano, Pulchinela e Pantalone Veneciano veranse enleados nunha historia divertida.
Asociación.- DOA CANGAS
"Furafollas teatro" - "Love me tender. Microteatro"
Con: Daniel Fernández Piñeiro, Ismael Iglesias Álvarez, Ángeles Trigo Camaño, Fernando Martínez Bon, Miguel Ángel Guitérrez Ortega, Suso Fernández Sotelo, Manuel Estévez Durán, Julia Santos Méndez, Constantino Bernárdez, Miguel Ángel Sebastián Fernández, Gerardo Currás Giráldez
dirección: Sócrates Pérez Autor: Furafollas teatro.
Duración: 25 minutos
Maite é unha e son moitas Maites. Téndoa como fío condutor, artellouse un pequeno espectáculo con escenas da vida cotiá nas que, ás veces, vémonos reflectidos nós mesmos.
Asociación.- ASOCIACIÓN DE AXUDA AO ENFERMO MENTAL A MARIÑA
"Teatro contra el bullying"
Con: María Aurora Pinín, José A. Carretereo, Ramón Sixto Villarino, Mª Teresa Cotarelo, Rebeca Rodríguez Rivas, María Jesús Rivera, Jorge Manchado, Dolores Ramil, Cristian Alin López
Dirección: Carmen Varela Vázquez Acompañamento musical: Félix Basanta López e Jorge Manchado.
Duración: 30-45 minutos
É un conxunto de microhistorias que teñen un nexo común: o acoso escolar. O bullying ou acoso escolar pode ter unhas fatais consecuencias nas persoas e ten unha estreita relación coa enfermidade mental. Moitas das vítimas desta lacra desenvolverán algunha enfermidade mental e, moitas persoas con enfermidade mental sufriron bullying na súa propia pel. A través desta combinación de diferentes formas de expresión artística (música, teatro, poesía e danza), esta obra pretende sensibilizar o público sobre esta problemática social.
Asociación.- APEM CARBALLO
"Unha de Romanos"
Con: Juan José Pallas Aldao, José Ramón Rodríguez Aldao, Jesús Lamas Cabeza, Ramón Gil Fernández, Carlos Lorenzo Periscal, Francisco Jesús Amado González, Juan Carlos Varela Rey, José Luís Añón Guillamet, Jorge Castro Allones, Berta Taibo Ferro, Esther Cambre Otero, Fabiola Santos Abelenda, Noemí Pose Carabel, Inés Campos García, Andrea Mouzo Varela, Carmen Muñiz Martinez, Cristina Rodríguez Esmorís.
Dirección: Taller de teatro Apem Carballo
Duración: 40'
Un emperador narcisista e o seus cónsules corruptos gobernan o imperio ao seu antollo afastados das necesidades e dos dereitos do pobo que, fartos de tanta precaridade e alentados polos seus representantes, intenta levantarse contra o poder establecido.
Asociación.- APEM CORUÑA
El hotel de la discordia
Con: Rosalía Castro Rama, Mª José Sanchez Cruz, Nicolae Anastase, Tamara Budiño Blanco, Laura García Saavedra, Javier Montes, Carlos Becerra lorenzo, José Rodríguez Franco, José Alberto Vilariño Rico, Alejandro García Macías, Olga lópez Rios e Jesús Sanchez Ripoll.
Dirección: Juan Graña Autor: Juan Graña
Duración: 30´
Quen de nós nalgunha ocasión non visitou un hotel? Podemos ver personaxes do más variopinto, empregados dos hoteis de todo tipo, e hoteis do máis variado, e cando se xuntan todas estas circunstancias á vez calquera cousa pode pasar. Invitámolos/as a coñecer o Hotel da Discordia, onde pasaran unha fin de semana única e irrepetible.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible