Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

In crescendo coa Banda Municipal de Música

Director titular: Juanjo Ocón

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/03/2019

Xa rematou

Horario:

12:15 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

PROGRAMA

Camiño de rosas pasodobre (Ribate)

Symphony for Williams (Bourgeois)

Muiñeira das comadres (Simón Couceiro)

Por terras do Albarracín (Aragüés)

Suite de concerto (Aragüés)

NOTAS AO PROGRAMA

Camiño de rosas

José Franco Ribate (Cariñena, Zaragoza, 1878 - Bilbao, 1951)

Clarinetista, director e compositor aragonés que realizou toda a súa carreira profesional no País Vasco como director de bandas civís. Foi director por oposición das Bandas Municipais de Bermeo, posteriormente a de Irún e por último da Banda Municipal de Bilbao. Tamén fundou o Conservatorio Biscaíño no que foi profesor máis de trinta anos.

Compuxo máis de duascentas obras de todos os estilos, destacan as súas composicións para banda, como por exemplo os pasodobres Agüero ou Camiño de rosas. Compuxo tamén unha Misa, unha Ópera e unha Opereta. Gañou varios premios de composición, entre os que destaca o recibido pola revista madrileña Música, en 1917 coa obra Arrantzaliak (Os pescadores) inspirada na vida dos pescadores vascos.

Camiño de rosas é un magnífico pasodobre, de melodías de gran beleza moi interpretado polas bandas tanto nos concertos sinfónicos como nos festexos taurinos.

"Symphony for William Op. 212"

Derek Bourgeois (Kingston on Thames1941- 2017)

Este compositor británico gozou dun éxito considerable como compositor de música para bandas de música, pero o seu logro ao escribir máis sinfonías orquestrais que case calquera outra persoa, certamente máis que Joseph Haydn, pasou practicamente desapercibido. A súa desgraza foi escribir música épica, melodiosa e tonal nun momento no que ningún destes estaba de moda e, como resultado, a maioría das súas 116 sinfonías permanecen sen ser interpretadas.

As súas obras para metais, con todo, interprétanse regularmente en todo o mundo e forman parte dun catálogo de case 400 obras, que inclúen partituras de cinema e televisión, que se compuxeron en paralelo coa súa vida como profesor e como director da Orquestra Nacional Xuvenil de Gran Bretaña (NYO).

Muiñeira das comadres

Simón Couceiro

Nace en Santiago de Compostela en 1973. Inicia os seus estudos musicais no Conservatorio de Música da Estrada e trasládase posteriormente ao Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela para comezar os estudos de clarinete.

En 1991 trasládase ao Conservatorio Superior de Música da Coruña e ingresa como voluntario na Banda de Música do Goberno Militar da Coruña.

Foi convidado a dirixir diferentes bandas de música de Galicia e impartiu clases na Escola de Música da Banda Xuvenil de Barro, Escola Municipal de Música de Padrón, Conservatorio Profesional de Música de Lalín e na Escola Municipal de Música de Negreira, así como cursos nas escolas de música de Caldas de Reis, Padrón e Merza-Vila de Cruces.

Desde o ano 2004 e ata o ano 2008 estuda na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e colabora como clarinetista co compositor Manuel Riveiro en diferentes bandas sonoras (cine, teatro e televisión).

Como compositor escribiu diferentes obras encargadas para certames e por diferentes bandas de música, solistas, grupos de cámara e orquestra.

No ano 2007 obtén o Premio de Música de Cámara Andrés Segovia-José Miguel Ruiz Morais e, en 2011, o Premio de Musicoloxía Andrés Segovia-José Miguel Ruiz Morais nos Cursos Universitarios Internacionais de Música Española Música en Compostela.

Actualmente é mestre por oposición da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

A "Muiñeira das comadres" foi composta no ano 2015 e está dedicada a Carmen González e Lourdes Doo, grandes amigas e compañeiras do autor na Banda de Música Cultural da Estrada, que tocaban respectivamente a frauta e o saxofón alto.

Foi estreada pola Banda de Música Municipal de Silleda baixo a dirección do seu titular, o mestre Rafael Agulló Albors, o 30 de abril de 2017 no Auditorio Semana Verde de Galicia de Silleda.

Por Terras do Albarracín

Tomás Aragüés Bayarte (Tauste, Zaragoza, 1903 - Baracaldo, Biscaia, 1956).

Compositor e director, educado nunha familia practicante da música na súa localidade natal, realizou os estudos de solfexo, piano, harmonía e composición no Conservatorio de Zaragoza. En Híjar pasou uns anos formando a banda da localidade, e tras a guerra civil, estableceuse en Baracaldo e dirixiu a Banda Municipal de Baracaldo e o Orfeón Baracaldés, tarefas que compartiu coa de catedrático de Harmonía e Composición no Conservatorio Biscaíño de Música Juan Crisóstomo Arriaga, de Bilbao. Tomás Aragüés Bayarte destaca, sobre todo, como compositor, cunha obra ampla e variada de obras para orquestra, orfeón e banda.

"Por Terras do Albarracín" é unha rapsodia turolense escrita en 1950 que xunto a "Cantares baturros", xota de concerto (1943), "Do baixo Aragón", xota (1945) forman un conxunto de obras que dedicou á súa terra natal.

Suite de concerto

Tomás Aragüés Bernad (Albalate del Arzobispo, 1935 - )

Tomás Aragüés trasladouse a unha idade moi temperá á localidade biscaíña de Barakaldo, ao gañar o seu pai Tomás Aragüés Bayarte (1903-1956) a praza de director da Banda Municipal da devandita localidade. Realizou os seus estudos musicais en Bilbao, Compostela e Siena.

Desempeñou actividades docentes na congregación de La Salle, como profesor de Música Sacra no Instituto San Pío X, adscrito á Universidade Pontificia de Salamanca, e creou unha copiosa produción de música relixiosa destinada á liturxia.

Posteriormente obtivo a Cátedra de Solfexo e Teoría da Música e posteriormente a de Dirección de Orquestra, no Conservatorio Superior de San Sebastián e asumiu a dirección da Orquestra do Conservatorio e colaborou como profesor de Composición, ata a súa xubilación no ano 2000.

Posuidor de diversos premios, entre os que destacaremos a Medalla de Ouro da devandita asociación en recoñecemento ao seu Concerto para txistu e orquestra e o Premio Orfeón Donostiarra-Universidade do País Vasco.

Actualmente dedícase á composición e colabora na música litúrxica de Valdemorillo, onde vive.

Esta obra obtivo o Premio Internacional de Composición para Banda outorgado polo Excmo. Concello de Valencia no ano 1982 e foi obra obrigada no Certame Internacional de Bandas de Valencia en xullo de 1982.

Nesta obra o autor apártase un pouco do seu estilo máis habitual, fuxindo da claridade na tonalidade e na harmonía. O primeiro Movemento -Introdución- presenta un tema cos doce sons da gama, sempre apoiados nunha estrutura formal próxima ao contraposto. O segundo Movemento (Preludio e Fuga) axústase á forma musical que define o título cun desenvolvemento máis elaborado.

A Suite cun aire de Gallarda, danza renacentista moi do gusto do compositor, é o número que máis se achega á tonalidade. (neste caso SOL menor.)

Anos máis tarde o compositor engadiu un cuarto movemento (Giga-Finale) ao realizar a versión para Orquestra Sinfónica co título de "Catro espazos sinfónicos".

Vindeiros concertos:

24 de marzo no Pazo da Ópera ás 12.15 h

11 de abril no Teatro Colón ás 20.00 h

9 de maio no Teatro Rosalía ás 20.00 h

12 de maio no Pazo da Ópera ás 12.15 h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión