DIRECTOR TITULAR: JUANJO OCÓN
Para público en xeral
24/03/2019
Xa rematou
12:15 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña
de balde até completar a capacidade
1ª PARTE
AIRES GALLEGOS DE JUAN MONTES
OCTOBER DE ERIC WHITACRE
FANTASIA SOBRE TRES TEMAS GALEGOS DE SIMÓN COUCEIRO
CAMARIÑAS
O MIUDIÑO
O CANDIL
2º PARTE
FESTIVOLES DE RAFAEL TALÉNS
A BATALLA DE MATALOBOS DE SIMÓN COUCEIRO
5 ESCENAS DE GUERRA
Colaboracións: Comisión Sta. Eulalia de Matalobos e Escola Municipal de Artes Escénicas de A Estrada.
Curriculum Simón Couceiro
Nace en Santiago de Compostela en 1973. Inicia os seus estudos musicais no Conservatorio de Música da Estrada, trasladándose posteriormente ao Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela para comezar os estudos de clarinete.
En 1991 trasládase ao Conservatorio Superior de Música da Coruña e ingresa como voluntario na Banda de Música do Goberno Militar da Coruña.
Foi convidado a dirixir diferentes bandas de música de Galicia e impartido clases na Escola de Música da Banda Xuvenil de Barro, Escola Municipal de Música de
Padrón, Conservatorio Profesional de Música de Lalín e na Escola Municipal de Música de Negreira, así como cursos nas Escolas de Música de Caldas de Reis, Padrón e Merza-Vila de Cruces.
Desde o ano 2004 e ata o ano 2008 estuda na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e colabora como clarinetista co compositor Manuel Riveiro en diferentes bandas sonoras (cine, teatro e televisión).
Como compositor escribiu diferentes obras encargadas para certames e por diferentes bandas de música, solistas, grupos de cámara e orquestra.
No ano 2007 obtén o Premio de Música de Cámara Andrés Segovia-José Miguel Ruiz Morais e, en 2011, o Premio de Musicología Andrés Segovia-José Miguel Ruiz Morais nos Cursos Universitarios Internacionais de Música Española Música en Compostela.
Actualmente é mestre por oposición da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
NOTAS AO PROGRAMA
Fantasía sobre tres temas galegos -
A Fantasía sobre tres temas galegos foi estreada pola Banda de Música de Pontevedra baixo a dirección do mestre Juan Lois Diéguez o 14 de xuño de 2013. Nesta obra o autor utiliza tres temas populares galegos como son Camariñas, O Miudiño e O candil.
Estes temas son tratados en forma rapsódica e como unha fantasía cómica, sendo a voz substituída polas cores instrumentais da banda a excepción do Miudiño, onde se presentará utilizando a voz pechada.
A batalla de Matalobos
A batalla de Matalobos describe cinco escenas imaxinarias da época das revolucións que se desataron na península. A parroquia de Matalobos, na Estrada (Pontevedra), foi lugar de paso das tropas francesas e a elas enfrontáronse os seus veciños e outras xentes que quixeron defender a causa.
Como cita no seu libro Pedro Varela Castro (1923): -limitémonos a consignar que o citado día 5 de Marzo de 1809, foi tal a carnizaría en Matalobos que, segundo deixou escrito o párroco daquela data, ¨por non caber os cadáveres dentro da Igrexa houbo necesidade de enterrar fóra os de dous descoñecidos que se pensa que eran de Tabeirós¨. Cóntase que os franceses ao pasar pola Cruz, camiño de Cuntis, colocaron a súa bandeira nun alto, pero os de Matalobos substituírona decontado pola nosa; feito que deu orixe aos sucesos sanguentos de que se fixo mención: aquelas pobres xentes sentiron bulir nos seus peitos o amor patrio, pero por carecer completamente de armas foron asasinados sen defensa
A obra empeza lembrándonos uns ritmos militares afastados.-Entrada- onde as frautas e o frautín fan unha pequena melodía e as trompas interpretan brevemente o leitmotiv do himno francés. Desvanecidos os ritmos, o carácter cambia e sitúanos no segundo movemento -Danza e marcha campestre-. Os veciños, alleos ao perigo, traballan e coidan sen descanso as súas propiedades. O traballo e o baile compleméntanse neste movemento cunha xota e unha marcha que se verán sorprendidas polas tristes noticias que están a chegar doutras comarcas.
-Oda aos valentes campesiños- é a homenaxe ás persoas que morreron nos enfrontamentos contra os franceses. As campás alertan e preveñen do perigo que se desenvolverá no cuarto movemento -A batalla-. As tropas avanzan cantando o seu himno: ¨Marchemos, fillos da Patria, que chegou o día da gloria¨. Os veciños, xa en plena batalla con tixolas e apeiros en man, fanse oír nos ritmos esporádicos de muiñeira e os soldados van demostrando o seu poderío e impoñen a súa melodía con pequenas chiscadelas ao himno francés. De novo as campás, no medio da guerra, soan para alertar a máis veciños e a cantos pasan polo lugar.
A batalla acaba no quinto movemento -O final da batalla- onde os valentes aldeáns caen derrotados. As tropas francesas se senten orgullosas e avanzan con xúbilo deixando atrás Alto da Cruz, un lugar simbólico para os veciños e veciñas de Matalobos.
Entidades
03/05/2024
03/05/2024
05/05/2024
08/05/2024
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible