O prazo de inscrición para participar na edición de 2024-2025 permanecerá aberto ata o venres 29 de novembro.
Para público en xeral
Dende o 16/09/2024 ata o 29/11/2024
Xa rematou
A Mostra de Teatro Escolar é un programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea/selecciona e ensaia unha obra de teatro para representala noutro centro educativo, e recibe ao grupo de teatro do dito centro.
O prazo para inscribirse na XXXIV edición do programa abriuse o pasado 16 de setembro e permanecerá aberto ata o 29 de novembro.
Os centros educativos interesados en formalizar a súa participación neste programa de Coruña Educa poden facelo na web do Concello. A inscrición pode realizarse en liña, a través desta ligazón: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/xestion/actividades/listaxe.
Máis información
Máis información na páxina específica do programa: XXXIV Mostra de Teatro Escolar 2024-25 .
Lista de reprodución en Youtube da Mostra de Teatro Escolar 2023-2024.
28/01/2025
Dende o 13/01/2025 ata o 28/01/2025
30/01/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 13/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 07/02/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible