Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Insular Bodies de Stephanie Thiersch y Aún de Antonio Ruíz

Programa dobre.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/04/2022 ata o 23/04/2022

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres ás 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h 

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00€

Descontos carné novo, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€

Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Insular bodies 

A película xoga coas materialidades. Qué sucede cando colocamos ao mesmo nivel o humano e o biolóxico, a carne e a pedra, o vento, a auga e o cabelo? Insular Bodies chámanos a atención sobre os extravagantes enredos entre o humano e o non humano, o vivo e o non vivo, e desenvolve imaxes poéticas dunha ecoloxía que non mostra xerarquías senón que se achega a escenarios utópicos de consonancia.

Director/a | Stephanie Thiersch

Intérpretes e coreógrafos | Fabien Almakiewicz, Neus Barcons Roca, Alexis "Maca" Fernández, Gyung Moo Kim, Margaux Marielle-Tréhoüart, Manon Padre, Camille Revol and Joel Suárez Gómez

Orixe e ano | Alemaña (2021)

Duración | 23 minutos

Formato | Documental 

AÚN

A Compañía Antonio Ruz conmemora o seu 10 aniversario coa creación da súa primeira película de danza no Círculo de Belas Artes de Madrid. AÚN é un encontro celebrativo no que máis de 20 intérpretes que colaboraron con Ruz no últimos dez anos revisitan algúns dos traballos da traxectoria da compañía para xerar unha nova peza orixinal, achegando novos enfoques sobre proxectos existentes.

As distintas estancias deste emblemático edificio actívanse por secuencias coreográficas, provocando un diálogo entre o movemento, a cámara e a arquitectura. Unha intervención para abordar o pasado, o presente e o futuro da compañía. 

O proxecto busca crear un espazo de celebración e encontro para a danza contemporánea en relación con outras disciplinas como as artes plásticas ou a música, abrindo unha xanela á investigación e a experimentación, e transcendendo os límites da danza como feito irreproducible coa creación dun documento audiovisual para a memoria.

Director/a | Antonio Ruz

Intérpretes | Melania Olcina, Carmen Fumero, Lucía Montes, Ángela Chavero, Begoña Quiñones, Mado Dallery, Laura García, Teresa Garzón, Verónica Garzón, Elia López, Paula Montoya, Alicia Narejos, Cristina Reolid, Manuel Martín, Alejandro Moya, Julián Lazzaro, Jose Alarcón, Marcos Martincano, Mario Olave, Sergio Jaraiz, Arturo Franc Vargas

Orixe e ano | España (2021)

Duración | 40 minutos

Formato | Documental 

VENTA DE LOCALIDADES

  • Venta en línea: Ataquilla.com
  • Venta en la taquilla del Fórum únicamente días de proyección desde media hora antes (siempre que queden localidades disponibles)
  • Venta en la taquilla central Praza de Ourense: de lunes a viernes de 11: 00h a 15:00h y de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión