Celebramos o International Games Month nas Bibliotecas Municipais da Coruña
Para nenos e nenas de 4 a 12 anos
Infantil
29/11/2025
Ya ha finalizado
Desde el 22/11/2025 hasta el 28/11/2025
Require inscrición
Das 11.00 ás 13.00 h
2 h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Plaza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
O sábado 29 de novembro, de 11 h. a 13 h., temos unha xornada de xogos dirixida a crianzas de 4 a 12 anos na Biblioteca Municipal Os Rosales (ou no Centro Cívico Os Rosales se continúan as obras).
Inscrición previa dende o sábado 22 de novembro.
Un ano máis, sumámonos a esta interesante iniciativa promovida por unha organización internacional do ámbito bibliotecario, a American Library Association (ALA), que aposta por poñer en valor o importante papel que poden exercer os xogos nas bibliotecas.
A actividade consiste na practica e aprendizaxe de diversos xogos de mesa, para nenas e nenos con idades comprendidas entre 4 e 12 anos. A selección dos xogos utilizados na sesión estará adaptada e deseñada en función do perfil e idades dos participantes.
Dispoñerase de 4 mesas de xogo, formadas por grupos de ata 4 crianzas. As partidas terán unha duración curta e dinámica (ata 30 minutos) e estarán acompañados de 2 monitores de Metrópolis Cómics que farán as demostracións e explicarán os xogos.
Esta actividade é compatible co Club de xogos de mesa da Biblioteca Os Rosales, que continúa en marcha: primeiro e terceiro sábado de cada mes.
También te puede interesar

01/08/2026
Desde el 27/07/2026 hasta el 31/07/2026
Require inscrición

05/08/2026
Desde el 29/07/2026 hasta el 05/08/2026
Require inscrición

11/08/2026
Desde el 30/07/2026 hasta el 11/08/2026
Require inscrición

13/08/2026
Desde el 30/07/2026 hasta el 13/08/2026
Require inscrición

Los días 11/07/2026, 18/07/2026, 01/08/2026, 08/08/2026, 15/08/2026, 22/08/2026, 29/08/2026
El plazo de inscripción se abrirá el miércoles 8 de julio a las 10.00 h y cada actividad tendrá un enlace a través de ticketing para reserva.

Desde el 02/09/2026 hasta el 03/09/2026
Desde el 26/08/2026 hasta el 02/09/2026
Inscrición en liña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible