Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ismael Serrano "Seremos"

Despois de sete anos desde o seu último álbum inédito, "La llamada" e co exitoso lanzamento dos seus discos "20 años. Hoy es siempre" e "Todavía", Ismael Serrano presenta 'Seremos', o esperado novo álbum inédito do cantautor madrileño co que se situou, durante as primeiras semanas, no núm. 2 das listas de vendas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/02/2022

Xa rematou

Horario:

- Hora: 20.30 h

- Hora de apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea 32,00 €

Palco central 32,00 €

Palco lateral 30,00 €

Principal 25,00 €

1.ª fila Principal (VR) 20,00 €

Mobilidade Reducida 25,00 €

Desconto do 20% para carné xove, maiores de 65 anos ou persoas desempregadas.

Desconto do 25 % para familia numerosa

**Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredita o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Cávea Producciones

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Con este novo disco, Ismael Serrano lánzase á estrada para compartir coas súas e os seus seguidores estas novas cancións e os seus éxitos de sempre.

"Seremos" é unha viaxe de autodescubrimento. Un disco que representa un fito na carreira de Ismael Serrano, como expresa o xornalista Manuel Jabois na súa biografía: "Por aí enténdense estas trece cancións que levantan un corpus extraordinario, o dun poeta en estado de graza que se sacode as contradicións e destrúe os clixés onde os prexuízos máis perezosos o inclúen".

Segundo palabras do propio Serrano: "Aínda que case sempre as cancións adoitan render tributo ao pasado, hai melodías e versos que teñen vocación de futuro. Creo que este disco comparte esa mirada".

Despois do marabilloso concerto do verán pasado nas Noches del Botánico con toda a banda, apetecíanos volver a Madrid. Acompañado de Jacob Sureda (piano) e Irene Rouco (cello), Ismael Serrano preséntanos un concerto nun formato máis íntimo, máis teatral, para contar novas historias, con outros tempos, con outras cancións, con outra mirada.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente días de función desde dúas horas antes do comezo.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión