Concerto do ciclo Grandes intérpretes
Para público en xeral
30/05/2015
Xa rematou
20.30 horas.
Dende o seu recital de debut no Carnegie Hall de Nova York en 1981, as actuacións de Ivo Pogorelich causaron sensación en todas as grandes salas de concertos do mundo: nos Estados Unidos, Canadá, Europa, Xapón, Sudamérica e Israel. Foi convidado para tocar con numerosas grandes orquestras como a Orquestra Filarmónica de Berlín e a Orquestra Filarmónica de Viena, todas as orquestras de Londres, a Orquestra Sinfónica de Chicago, a Orquestra Sinfónica de Boston, a Filarmónica de Nova York e a Orquestra de París. Alí onde toque, as súas soberbias interpretacións da música confirman a orixinalidade do seu talento e intelecto. O ‘New York Times' escribiu, "Tocou cada nota exactamente, con tal sentimento, tal expresión, que el é unha orquestra completa".
Ivo Pogorelich apoia a numerosos mozos músicos. En 1986 estableceu unha fundación en Croacia cuxo obxecto era recadar fondos para outorgar bolsas destinadas a que novos artistas continuasen os seus estudos no estranxeiro. Dende 1989 realízase en Bad Wörishofenthe o Festival Ivo Pogorelich: o obxecto do festival é apoiar a novas promesas da música ao principio das súas carreiras dándolles a oportunidade de actuar xunto a famosos artistas. En 1993 realizouse por primeira vez o Certame de Piano Ivo Pogorelich en California.
En 1994, o pianista creou unha fundación en Saraievo co fin de recadar fondos para construír un hospital e ofrecer asistencia médica á xente de Saraievo. Así mesmo, Ivo Pogorelich ofrece moitos concertos benéficos para apoiar, por exemplo, a Cruz Vermella, a reconstrución de Saraievo, ou a loita contra enfermidades tales como o cancro e a esclerose múltiple. Un dos seus obxectivos foi e segue sendo axudar os artistas novos impartindo clases maxistrais por todo o mundo. En 1988 foi nomeado pola UNESCO ‘Embaixador de Boa Vontade'.
Ivo Pogorelich asinou en 1982 un contrato en exclusiva para Deutsche Grammophon. Realizou máis de 15 gravacións con DGG como Sonatas de Piano de Mozart, Suites de Bach, Sonatas de Piano de Liszt e Scriabin e o Concerto Nº 1 de Piano de Tchaikovsky. O seu máis recente CD, é a Sonata para Piano Nº 2 de Chopin, Ravel Gaspard da Nuit e a Sonata para Piano Nº 6 de Prokofiev.
Nos últimos anos tocou repetidamente en Europa, Europa do Leste, Israel, Estados Unidos e Asia (Xapón, China, Taiwan).
Entidades

13/12/2025
ENTRADAS Á VENDA DESDE O 5 DE DECEMBRO DE 2024 Ás 12.00 h

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible