Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

JoeJufy, The Hunter

Tirabeque Ka’avo presenta JoeJufy, The Hunter. Un espectáculo de teatro contemporáneo que profunda no mundo da moda en Occidente, facendo evidente a problemática das cadeas de produción, distribución, venda e consumo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/01/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 9,00 €

Entradas a 7,00 € para persoas posuidoras de Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas.

*Os descontos aplicaranse logo da presentación previa do documento que acredite o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Anahí Taraburelli Díaz

Contacto:

forum@coruna.es

Un espectáculo cheo de simbolismos, desde o vestiario ata a escenografía, que logra unha estética limpa e cativadora como é caracterísitico no mundo da moda, todo isto arroupado pola elegante iluminación de Nacho Martín.

Nesta nova produción, baixo a dirección de Anahí Taraburelli apostan por unha linguaxe teatral que navega polo surrealismo posmodernista, reflectindo a nosa sociedade: creadora e vítima do liberalismo, que ten présa por chegar a ningún lado e consome egoísta e cegamente sen pensar nas consecuencias. Tres actores en escena representando conceptos e personaxes universais xogan coa danza, o texto, o xesto e os tecidos nun intento de romper coas lóxicas establecidas.

JoeJufy, The Hunter convídanos a viaxar por un mundo no que as ideas se transforman en corpos e obxectos, habitando a crúa realidade a través dunha traxicomedia baseada no movemento e a palabra.

Idea orixinal e dramaturxia: Anahí Taraburelli, Héctor Martínez, Julia Laport e Lucía Barcos

Con Héctor Martínez, Julia Laport, Lucía Barcos

Dirección: Anahí Taraburelli

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde 1 hora antes do comezo da función (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión