Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Juan Magán e Gente de Zona

O ano 2017 comezará cunha xira que terá como protagonistas os mellores artistas do mundo latino como son Juan Magán e Gente de Zona. Unha xira exclusiva cunha gran produción audiovisual que pasará polos recintos máis importantes do país e que promete ser unha das mellores xiras do ano en España con case 3 horas de show que non deixarán a ninguén indiferente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/03/2017

Xa rematou

Horario:

21.00 h (Apertura de portas Pista VIP: 19.00 h / Apertura de portas público xeral. 19.30 h).

Duración:

3 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

    • Front of stage (sen numerar): 58'00 € (+ gastos de xestión)
    • Pista VIP (sen numerar): 143'00 € (inclúe: acceso ás 19.00 h + meet & greet + foto con artistas + front of stage + 1 consumición) (+ gastos de xestión)
    • Pista (sen numerar): 37'00 € (+ gastos de xestión)
    • Tendido baixo (numerado): 41'00 € (+ gastos de xestión)
    • Bancada (sen numerar): 35'00 € (+ gastos de xestión)

Televenda:

Ticketea

Os cinco concertos desta xira son: Zaragoza (Sala Multiusos) o 17 de marzo, Madrid (Wizink Center) o 18 de marzo, Barcelona (Palau Sant Jordi) 19 de marzo, 24 de marzo na Coruña (Coliseum), e cerrarán a xira en Bilbao (BEC) o 25 de marzo.

Cabe destacar que Gente De Zona e Juan Magán son os artistas de fala hispana que máis visitas e reproducións teñen en Youtube e Spotify en todo o mundo. Algunhas das súas cancións superan os 1.500 millóns de reproducións. Gente de Zona acaba de ser galardoado cun Grammy latino, e publicará novo disco este mes de xaneiro que promete ser espectacular.

Nesta xira poderemos gozar das súas cancións máis coñecidas, como os hits de Gente de Zona: 'La Gozadera' 'Traidora' ou 'Bailando', e os magníficos temas de Juan Magan 'Electro Latino', 'Bailando por ahí' ou 'Ella No Sigue Modas'.

 

Gente de Zona

O dúo que coñecemos hoxe está composto por Alexander Delgado e Randy Malcolm Martínez, cuxos sons vocais e estilos de composición se complementan. O seu lanzamento definitivo ao universo da música latina empezou con 'Bailando', a colaboración de Gente de Zona e Enrique Iglesias, que acabou sendo a canción máis importante do 2014. Na 2015 Gente de Zona lanzou dous temas que foron aclamados pola crítica: 'La Gozadora' e 'Traidora', ambas en colaboración con Marc Anthony.

 

Juan Magan

Nacido en Badalona e con nacionalidade española e dominicana é un produtor, DJ, compositor, letrista e cantante español que se dedica profesionalmente á música desde 1995.

Juan Magán traballa dentro do xénero urbano, producindo, compoñendo e cantando obras desde Dance, Electro latino, Dancehall, Reggaeton, Pop ata RnB e House, sempre cunha clara identificación urbana. No 2008 formou parte dun dúo musical chamado Magán & Rodríguez, xunto con Marcos Rodríguez. Disolveuse no 2009, iniciou Juan Magán a súa carreira musical en solitario e consagrouse como artista de éxito.

Seleccionado para os Premios Videoclip Awards 2016 polo vídeo musical do seu sinxelo 'Si No Te Quisiera' xunto a a Belinda y Lápiz Conciente, este tema foi o máis escoitado en Spotify España no 2015, e o vídeo oficial recibiu o recoñecemento de VEVO Certified, igualmente certificado como disco de Diamante polas súas altas vendas en México.

Con máis de 1.5 millóns de sinxelos vendidos, e unha colección de hits que o levaron ao #1 en descargas, e ao top de radio e charts internacionais, pasa ademais da cantidade de 100 concertos a nivel mundial con 1 millón de asistentes. Foi nomeado 4 veces ao Latin Grammy, en 6 ocasións aos Latin Music Awards de Billboard e en 5 aos Premios Lo Nuestro.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión