Malia que a obra de Kafka é amplamente lida e coñecida, e de que se fixeron numerosas adaptacións ao teatro, especialmente dos seus textos narrativos, a súa vida, a persoa de Franz Kafka, é moi pouco coñecida polo público en xeral.
Para público en xeral
Dende o 20/11/2015 ata o 21/11/2015
Xa rematou
Kafka namorado presenta unha historia real e complexa que rematou de forma dramática ante a imposibilidade de realización do amor que sentían Franz Kafka e Felice Bauer. Felice, unha muller moi moderna na súa época, directiva dunha firma comercial de Berlín, en continua viaxe de negocios, economicamente independente, coñeceu a Franz en casa de Max Brod, amigo común que daría a coñecer a Kafka ao mundo. Franz, baixo a influencia traumática da autoridade paterna e incapaz de liberarse do influxo familiar e do seu traballo de funcionario, buscaba desentrañar os enigmas da existencia humana a través da escritura literaria. E malia que ambos estaban de verdade namorados, a súa relación converteuse nun constante malentendido no que, insatisfeitos ambos, fixéronse sufrir ata abandonar os seus plans de matrimonio, tras tres sucesivos compromisos e rupturas. Kafka chegou á conclusión de que unha vida matrimonial, burguesa, familiar e ordenada era incompatible co seu anhelo artístico, e acabou sacrificándoa –sacrificándose el mesmo- para legarnos a súa obra, ese monumento literario que inaugura a modernidade e define de modo exhaustivo a sensibilidade existencial do home contemporáneo.
Hoxe, cando todo produto artístico é un ben de consumo, unha mercadoría de compravenda, o traballo deste autor é unha aldrabada que, tal como el pretendía, ‘abre extensas feridas na nosa conciencia'. Kafka namorado tenta traer a escena a imbricación da súa experiencia persoal e a súa obra, o correlato constante dunha noutra, ese espazo intermedio entre realidade e ficción, absurdo e lóxica, que é a verdade do mundo percibida e expresada por Franz Kafka.
Entidades

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025

29/12/2025

Os días 03/01/2026, 04/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible