Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"La senda del agua"

Un espectáculo teatral de obxectos e marionetas que nos conta a visión dun rei medieval do século XII.

A quen vai dirixido?:

Familiar, infantil a partir de 6 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/03/2022

Xa rematou

Horario:

12.30 h e 18.30 h

Enderezo:

Sala Gurugú. Rúa Agra do Orzán 3. 15010 A Coruña

Prezo:

5,00 €

Requisitos:

reservas en salagurugu@gmail.com / tel.: 616 701 099

Organiza:

Gurugú

No silencio e soidade do museo, unha traballadora do servizo de limpeza trastea coa maqueta dun castelo que utiliza o persoal do museo para "animar" as visitas guiadas. Ao lle quitar o po a unha vasilla escoita unha estraña risa... Pareceulle oír os ronquidos do vixiante durmido na torre... o relincho do cabalo do xinete que se achega desde a montaña.... escoita... o chapotear dos seus propios pés no chan do museo...... o río da maqueta chorrea auga! A auga, fonte de vida, relátanos a senda que percorreu para sustentar a florecente cultura medieval da Murcia do "Rei Lobo" do século XII. "La senda del agua" é a narración da creación dun sistema de rega e xestión da auga que produciu un gran verxel e o desenvolvemento no ámbito político, artístico-cultural e social dun territorio medieval, símbolo do "encontro de 3 culturas". A técnica do pop-up é un marabilloso recurso para despregar os escenarios medievais da ilusión histórica da nosa protagonista.

Produción: Teatro de Carmen e La Mar de Marionetas, en coprodución. Espectáculo de marionetas e obxectos.

Actriz: Carmen Navarro / Marta Bautista

Guión: Carmen Navarro

Dirección: Marta Bautista

Vestiario e atrezzo: Ana Montes de Miguel. Fila cero sastrería.

Marionetas e escenografía: La Mar de Marionetas

Música: Joan Miró e Nuria Cervera

Deseño de iluminación: Javier Arróniz

Deseño de espazo sonoro e gravación: Toni Dalmau

Asesoramento dramatúrxico: Sergio Reyes

Pedagoxía da arte: María Arango "Mirarte, Arte para todos"

Asesoramento de localizacións históricas: J. Antonio Buendía. "ECOambiental"

Xestión e promoción: Teatro de Carmen e La Mar de Marionetas

Publicidade e difusión: Raúl Gómez

Colaboracións: Clara Alarcón, historiadora e técnica de Cultura do Museo de la Ciudad, Murcia.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión