Unha visita guiada polas zonas técnicas do acuario coruñés
Persoas maiores de 16 anos
Para público en xeral
17/06/2023
Xa rematou
As entradas poden adquirirse desde as 10.00 horas do mércores 14 de xuño aquí
Sábado 17 de xuño, de 11.30 h a 13.30 h
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
12
10 euros por persoa.
Gratis para membros de Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares da Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.
As entradas poden adquirise desde as 10.00 horas do mércores 14 de xuño aquí
O itinerario ten lugar por corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura, polo que é importante non ter limitada a capacidade de movemento.
Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man do persoal técnico do Aquarium Finisterrae, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Inclúe o acceso ás salas de bombeo e de filtración, ao laboratorio, á cociña, ás corentenas e á sala de cultivos auxiliares. Tamén será unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida ademais para responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.
En xuño
Realizarase unha sesión cada mes para un máximo de doce persoas, que deberán ser maiores de 16 anos. Este mes a actividade terá lugar o sábado 17 de xuño.

09/05/2026
Dende o 04/05/2026 ata o 08/05/2026
As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

30/05/2026
Dende o 25/05/2026 ata o 29/05/2026
As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

06/06/2026
Dende o 01/06/2026 ata o 05/06/2026
As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

Os días 22/04/2026, 08/05/2026, 29/05/2026, 10/06/2026, 12/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible