A Casa de Castela a Mancha presenta unha versión propia de Eurípides adaptada e dirixida por J.R.Martín.
Para público en xeral
24/11/2023
Xa rematou
19.30 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
5.00 euros
A Casa de Castela A Mancha
Nas TROIANAS (415. a. C.), Eurípides fálanos desa "hora 25" ou dese "día despois de calquera" guerra; cando cesan as actividades bélicas e cesa o ruído das armas. O momento de ver os "verdadeiros efectos" das guerras: a destrución das cidades e o reconto de cadáveres; como en calquera guerra, quen máis sofre os seus efectos é, precisamente, quen nin sequera participou nos combates: as mulleres e os nenos. Eurípides, gran coñecedor da alma "feminina", móstranos a dor de avoa, de nai, de esposa, de filla..., ata o pequeno Astianacte, fillo de Héctor, ("o fillo dun gran guerreiro") debe morrer lanzado desde as murallas de Troia. Mensaxe universal o que nos transmite Eurípides: todas as guerras son nefastas; aserto que transcende civilizacións e que hoxe, en 2023 p. C., segue estando vixente.
O AUTOR
Eurípides (Salamina, Grecia ¿484? a. C. Pela, Macedonia 406 a. C.) Debido ás "Guerras Médicas", a súa familia emigrou a Atenas, onde viviu gran parte da súa vida. "Home de letras", dedicou toda a súa vida a ler "e escribir" e famosa foi a súa biblioteca, unha das máis importantes de Atenas. Foi amigo persoal de Sócrates quen, ao parecer, só ía ao teatro cando se representaba unha obra súa. A diferenza do seu contemporáneo, o tamén tráxico Sófocles, odiaba a política e xamais se implicou en ningún tema relacionado con ela. Coñécenselle 92 títulos, aínda que "só" conservamos íntegras 19 obras, o que nos indica a importancia tanto para a súa época como para a Cultura Clásica. Ademais das Troianas, deixounos obras tan inmortais como Electra, Hécuba, Andrómaca, As Bacantes, Orestes..., sendo o principal expoñente do "Ciclo Troiano" da produción tráxica grega do século V a. C. Xunto con Esquilo e Sófocles forma parte desa tríada universal, alicerces imperecederos da Cultura Clásica en xeral e do Teatro en particular. Hastiado polas "interminables Guerras do Peloponeso", exiliouse en Macedonia, no 406 a. C. e alí morreu dous anos despois.
O GRUPO
Nesta edición queremos repetir a montaxe co que tantos éxitos cultivou o, agora extinto, grupo Sardiña durante as campañas 2006-2012, incluído un PREMIO NACIONAL en 2009.
O Grupo de Teatro da Casa de Castela a Mancha iniciou a súa singradura en 2016, a raíz da montaxe de Don Juan Tenorio no Teatro Colón. Aos poucos foi consolidándose ata chegar a ser un dos grupos "estables" da cidade da Coruña; proba diso son, por exemplo, o PRIMEIRO PREMIO, na XIª Mostra de Teatro "Freire Lugrís", do Concello de Sada, en 2019, con óbraa Asemblea de Mulleres, e o SEGUNDO e TERCEIRO PREMIO, co Cadáver do señor García e Asinaria, no Certame Deputación da Coruña o ano 2022; o TERCEIRO PREMIO ao sorteo de Cásina e ACCESSIT ás Troianas e Os ladróns somos xente honrada no Certame Deputación de 2023.
Aínda que nesta montaxe o núcleo do elenco pertence ao grupo de teatro da Casa de Castela A Mancha, está reforzado por un grupo de novas promesas do teatro coruñés; expertas e avezadas actrices, a pesar da súa mocidade.
DRAMATIS PERSONAE
Juan Fonseca Poseidón
Sonia Fernández Atenea
Carmen Suárez Hécuba
Juan Naya Taltibio
Elena López Casandra/Coreuta
Julia Miguel Andrómaca
Adrián Galego Menelao
Elena Porcelli Helena/Coreuta
Gemma Moura Corifeo
Alma Paredes Coreuta
Sara Maneiro Coreuta
Stephany Furtado Coreuta
Ara Mª Alejandro Coreuta
Jorgelina Bel Coreuta
Alba Novo Coreuta
Sara Fernández Coreuta

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible