'Lavar, marcar y enterrar' é unha comedia de balas, caveiras e perrucas. Descóbrenos que a vinganza sérvese á calor dun secador de man e non hai mellor defensa que unha boa tinguidura. Ensínanos que é fácil enterrar o pasado pero moi complicado que este permaneza inmóbil e en silencio nos sotos dunha perruquería.
Para público en xeral
Dende o 04/08/2016 ata o 07/08/2016
Xa rematou
Xoves, 4 de agosto de 2016: 20.30 horas
Venres, 5 de agosto de 2016: 20.30 horas
Sábado, 6 de agosto de 2016: 19 e 21.30 horas
Domingo, 7 de agosto de 2016: 20.30 horas
Nun local do barrio madrileño de Malasaña, catro personaxes vense forzados a compartir oitenta metros cadrados durante unha noite de armas sen seguro e perigosos recordos. Lucas e Verónica, dous frustrados aspirantes a policía nacional, conviven durante horas con Gabriela e Fernando, ela a orgullosa dona do salón de peiteado Cortacabeza e el o seu mellor pero máis neurótico empregado.
Por que as pantasmas non teñen pelos na lingua cando contan as súas miserias? Por que intentamos alisar o noso futuro cortando só as puntas? Conseguen pinzas, bigudís e rulos rizar un argumento? Pódese un salvar da verdade polos pelos? É necesario que o pelo estea húmido para cortar polo san co pasado?
Aínda que 'Lavar, cortar y enterrar' pretende contestar a todas estas preguntas tamén ten a intención de que os espectadores que cada noite asistan a cada función sexan inmensamente felices durante o tempo que estean violentamente secuestrados no noso salón de peiteado.
Entidades

13/12/2025
ENTRADAS Á VENDA DESDE O 5 DE DECEMBRO DE 2024 Ás 12.00 h

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible