Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Le prénom", de Alexandre de La Patellière e Matthieu Delaporte

O nome inscríbese nesa longa tradición de comedias teatrais francesas que piden a gritos ser adaptadas á pantalla, como "La cena de los idiotas", por exemplo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/02/2022 ata o 26/02/2022

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h 

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de venda de entradas e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Vicent, corentón e triunfador, vai ser pai por primeira vez. Invitado a cear á casa de Élizabeth e Pierre, a súa irmá e o seu marido, atópase con Claude, un amigo da infancia. Mentres esperan a Anna, a moza nova esposa de Vincent, entre o bo humor fanlle preguntas sobre a súa próxima paternidade. Pero cando lle preguntan se xa elixiu un nome para o neno, a súa sorprendente resposta provoca o caos.

Con Patrick Bruel e Valérie Benguigui

Francia, 2012, 109 min 

VENTA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho do Fórum unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión