Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Les yeux sans visage", de Georges Franju - LOCALIDADES ESGOTADAS

Os ollos sen rostro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/07/2020

Xa rematou

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Horario:

22.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 € (descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €)

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.

"Un desgraciado accidente de tráfico desfigura a filla dun famoso cirurxián, que tolea. Desde entón, rapta mozas para experimentar con elas e intentar devolver a beleza da súa filla". O infravalorado Georges Franju, unha das voces máis persoais do cinema francés, entrega unha película con pingas de fantástico que transcende o xénero e convértese nunha das historias de amour fou máis impactantes que nos deu o cinema.

  • Título orixinal: "Les yeux sans visage"
  • Ano: 1960
  • Duración: 88 min
  • País: Francia
  • Director: Georges Franju
  • Guión: Claude Sautet, Pierre Boileau e Thomas Narcejac
  • Música: Maurice Jarre
  • Fotografía: Eugen Schüfftan
  • Repartición: Pierre Brasseur, Alida Valli, Juliette Mayniel e Edith Scob.

Convidada: SANDRA SÁNCHEZ (cineasta)

Perfil biográfico: Sandra Sánchez. Directora, montadora e guionista. Dirixiu a longametraxe "Tralas luces" e a curtametraxe A nena azul". Tamén é montadora de filmes como "Esquece Monelos" ou "Migas de pan", ademais de numerosos documentais, series e curtametraxes.

VENDA DE ENTRADAS: LOCALIDADES ESGOTADAS

Venda anticipada: desde as 9.00 h do luns da mesma semana da proxección, en http://www.evenbrite.com.

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: aberto só se quedan localidades dispoñibles, desde media hora antes da proxección.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión