Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Llévame de viaje

Charla de viaxes e crecemento emocional

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/08/2018

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

40.000 km en bicicleta conxugando a autorrealización e a solidariedade

Presentación da novela: "Llévame de viaje"

Juan Ramón Virumbrales (Raymon) é escritor, viaxeiro e presidente fundador do proxecto de cicloinspiración otravidaesposible.org. Actualmente leva máis de 2000 km percorrendo España en bicicleta co propósito de promocionar o seu libro de viaxes e crecemento persoal "Llévame de viaje" (dispoñible a súa 2ª edición) www.llevamedeviajelibro.com.

Comezou a súa andaina en Alacant a principios de maio e até agora realizou charlas e presentacións en Madrid, Alacant, Murcia, Almería, Granada, Málaga, Sevilla, Aracena, Monesterio, Cáceres, Plasencia, Salamanca, Zamora, Ourense e Santiago de Compostela.

Despois de percorrer toda a costa galega en bicicleta, estará en Fórum Metropolitano co propósito de presentar o proxecto OtraVidaesPosible.org: 10 anos conxugando máis de 40.000 km de viaxes en bicicleta en catro continentes con proxectos de cooperación ao desenvolvemento (proxectos educativos, sanitarios, agropecuarios en Marrocos, Senegal e Cambodia).

Juan Ramón centrará a charla nunha das súas viaxes preferidas: Indonesia. Unha viaxe inesquecible entre volcáns, xunglas e unha diversidade cultural asombrosa que traspasa a experiencia física para afondar nun percorrido introspectivo polos camiños do amor, a realización, a liberdade e o compromiso coa nosa verdadeira felicidade interior. Así mesmo, falará sobre a 2ª edición da súa novela: "Llévame de viaje: una aventura en bicicleta al interior de uno mismo". Unha experiencia dacabalo entre o libro de viaxes autobiográfico, a crítica social, a filosofía e o xénero de crecemento persoal. Máis información en www.otravidaesposible.org

Última entrevista na Cadena Ser: http://cadenaser.com/emisora/2018/07/05/radio_salamanca/1530792790_720494.html

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión