Un percorrido polas cancións máis belas e emblemáticas da historia do bolero con Los Sabandeños. O espectáculo inclúe, ademais, un repaso polos maiores éxitos da súa carreira.
Para público en xeral
11/11/2016
Xa rematou
20.30 horas
Transcorreron 50 anos desde que Los Sabandeños comezasen a súa actividade, mantendo un labor musical ininterrompido, reflectido en máis de 70 traballos discográficos; un valioso arquivo sonoro que recolle parte do legado tradicional, ademais de cancións de creación propia e versións adaptadas. Non só abordaron os distintos xéneros que compoñen o variado repertorio folclórico canario senón que, paralelamente, dedicáronse a difundir o rico cancioneiro latinoamericano e, máis recentemente, o bolero. Tal foi o impacto da traxectoria sabandeña, que se converteron nun obrigado punto de referencia para a música tradicional, que vai máis aló do ámbito canario, acumulando numerosas distincións, premios e recoñecementos neste tempo.
Fóra do arquipélago canario, Los Sabandeños levaron a súa música con grande éxito por toda a xeografía nacional e realizaron concertos en Bélxica, Italia, Portugal, Estados Unidos, México, República Dominicana, Porto Rico, Cuba, Venezuela, Brasil, Uruguai, Arxentina ou Colombia. Os seus discos, con máis de 2.000.000 de copias vendidas, foron editados en moitos destes países, ademais de Xapón.
Os seus últimos traballos contaron con destacadas colaboracións, como as de María Dolores Pradera, Pablo Milanés, Soledad Jiménez, Lucrecia, Caco Senante, Pedro Guerra, Carlos Aguirre, entre outros. Así mesmo, en 2009 editaron o seu disco 'Te canto un bolero', en colaboración con María Dolores Pradera, que obtivo un nomeamento aos Grammy Latinos.
Durante os anos sucedéronse as xiras e os concertos multitudinarios en infinidade de cidades, tanto na península coma noutros países e, como non, en Canarias. Sen dúbida, o mellor grupo folclórico nacional con maior proxección internacional.
Entidades

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible