Corre o século XVII, Gulliver, mozo aventureiro, navega nunha das súas viaxes de exploración. Desencadéase unha forte tempestade e o seu navío afúndese.
Para público en xeral
10/09/2022
Xa rematou
sábado ás 17.30 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
A entrada a esta película será libre ata completar a capacidade da sala.
Consegue chegar a nado a unha illa que resulta ser Brodiñac, o país dos xigantes. Recólleo un pescador que o leva á súa casa onde coñece a súa filla Glundalich, unha nena da que se fai amigo. Con todo, o pescador decide vendelo nunha feira.
O éxito de Gulliver chega a oídos do príncipe Flinap que o leva a vivir a palacio. Isto esperta a envexa do bufón da corte que decide vingarse liberando un xigantesco gorila que pon en perigo a vida de Gulliver. Glumdalich decide axudarlle a Gulliver a escapar de Brodiñac a bordo dunha casa de bonecas que leva unha das súas pombas suxeita nas súas patas.
Finalmente, Gulliver é recollido por un veleiro no que regresa a Inglaterra.
Título orixinal: Los viajes de Gulliver
Ano: 1983
Duración: 82 min
País: España
Dirección: Cruz Delgado
Guión: Gustavo Alcalde
Novela: Jonathan Swift
Música: Antonio Areta
Planificación e storyboard: Javier G. Inaraja
Animación: Basilio González, M.ª Carmen Chenza, Pedro E. Delgado, Valentín Caín, Eduard Sasu, Bujor Estefanescu
Axudantes de animación: Pedro Jorge Gil, Marta de la Rosa, Manuel Doctor, Mariano Mendoza, Rafael Fernández
Deseño de decorados: Antonio Navarro
Fondos: Ángel S. Chicharro, Mauro Mistiano, José M.ª Zúmel
Cor personaxes: Carmen G. Sangrador, M.ª Isabel López, MartaVegue, M.ª Eugenia Herrera, M.ª Antonia Gabarrón
Cámara: José M.ª Sánchez
Música: Antonio Areta
Montaxe: José Luis Berlanga
Coordinación: Cruz Delgado Jr.
Produtora: Estudios Cruz Delgado
Xénero: Animación. Aventuras. Fantástico. Infantil
Cualificación: todos os públicos
02/05/2024
Os días 02/05/2024, 03/05/2024, 04/05/2024
Os días 03/05/2024, 04/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible