Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Luis Piedrahita: "Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas"

Luis Piedrahita (A Coruña, 1977) é humorista, escritor, director de cinema e ilusionista. Despois de máis de quince anos de éxitos presentando os seus espectáculos de stand up por España e Latinoamérica, agora presenta a súa nova proposta: "Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas". Un título que só podería saír da súa mente. Un texto intelixente que reivindica a imaxinación e o humor máis próximo á poesía. O humor dos pequenos obxectos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/05/2017 ata o 20/05/2017

Xa rematou

Horario:

Venres, 19 de maio de 2017: 21.00 horas

Sábado, 20 de maio de 2017: 20.00 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

'Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas' é un espectáculo de stand up comedy creado e protagonizado por Luis Piedrahita. Esta vez o polifacético artista quere subirse ao escenario para demostrar que só se vive unha vez... e que é esta. Moita xente di 'só se vive unha vez, que gana teño de que chegue' Erro! Este espectáculo ensínanos que a vida é coma un hotel: un sitio no que imos estar pouco tempo e temos que levarnos todo o que poidamos. Luis móstranos as nosas miserias diarias para que riamos delas: o seu humor recoñecible e cotián ensínanos a desactivar a envexa, o egoísmo, a desconfianza... En 'Las amígdalas de mis amígdalas', Luis constrúe un mundo no que todas esas miserias seguen existindo pero lonxe de xerar sufrimento e proído, desatan as gargalladas máis liberadoras.

Neste espectáculo, Luis Piedrahita reflexiona sobre as esponxas de baño, as couzas, os ascensores, os hoteis... Luis atopa motivos para a reflexión en cada un destes temas e un paralelismo inevitable coa alma humana. Luis convídanos a acompañalo durante case hora e media de show, de risas e emocións, conseguido todo iso sen máis artificios que a súa personalidade, a súa voz e o seu corpo. Stand up comedy xenuíno.

Non queremos ocultar que deste espectáculo díxose que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI. O que si queremos ocultar é que foi o propio Piedrahita o que o dixo.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión