Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: A dúas voces. Encontro con Carmen Villar e Pedro del Pozo

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

20/10/2025

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Dirección:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 20 de outubro ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, temos un encontro literario con Carmen Villar e Pedro del Pozo, baixo o título "A dúas voces".

Acceso libre até completar capacidade.

Unha cita singular en forma de diálogo que mestura reflexión, memoria e esperanza.

Carmen Villar (Zürich, 1974) presentará "Os mil e un días", libro de fotopoesía que propón unha mirada afiada e compasiva sobre o cotián, para explicar o mundo desde a delicadeza e a resistencia: "Inventar un futuro como quen debuxa unha illa."

Pedro del Pozo (Sevilla, 1971) presentará "El imperio del mal menor", libro que explora as fendas éticas do noso tempo cunha poesía comprometida, lúcida e profundamente humana: "No seremos dóciles máquinas con corazón de pellejo."

Unha oportunidade para escoitar dúas voces periféricas e rebeldes que, desde a diversidade, comparten o mesmo impulso: facer da poesía un espazo de presente.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión