#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
22/09/2025
Xa rematou
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 22 de setembro ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a Charla "Francisco Miguel e a articulación dunha modernidade galega truncada" a cargo de Carmela Galego
Acceso libre até completar capacidade
Organizado pola ARMH, a Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, e coa colaboración da Deputación da Coruña.
RESUMO:
O ensanche burgués dunha pequena cidade do occidente europeo como punto de partida. O apoio dunha mente inquieta e unha man áxil. Francisco Miguel habita unha das épocas de maior esplendor da historia da arte contemporánea e a navega con soltura. Definíase a si mesmo coma un clásico e desde a súa destreza academicista entra nun diálogo directo coa vangarda internacional que sosega e incorpora a súa propia linguaxe estética. Desde París até Cidade de México e de novo A Coruña. Regresa cunha maleta e unha paleta cosmopolita que compartiu e espallou. A brutal maquinaria fascista deixou coa súa morte un dobre baleiro, o dos lenzos nunca trazados e dos lenzos silenciados. Unha voz que nos foi arrebatada.
Baixo este título sumarémonos ao esforzo colectivo para analizar e recuperar o papel de Francisco Miguel na arte galega e universal.
CARMELA GALEGO:
Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e posúe unha diplomatura e un mestrado en Educación pola Universidade da Coruña.
Ao longo da súa traxectoria profesional combinou a docencia coa xestión cultural, a divulgación e o comisariado. É profesora de Historia da Arte para a UNED e mestra de Francés na Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Desde hai máis dunha década desenvolve proxectos para o Programa de Lecer Cultural no Concello da Coruña e na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, entidade da que actualmente é vicepresidenta.
Desde o ano 2020 investiga a figura de Francisco Miguel en colaboración directa entre a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Tamén che pode interesar

12/11/2025
Ata o 12/11/2025
Entrada libre ata completar aforamento

13/11/2025
Acceso libre até completar capacidade

17/11/2025
Acceso libre até completar a capacidade

Os días 06/11/2025, 11/11/2025, 12/11/2025, 19/11/2025
Ata o 19/11/2025
Entrada libre ata completar o aforamento da sala

Dende o 08/10/2025 ata o 23/11/2025

24/11/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible