Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Obradoiro "Aprende a usar un planisferio celeste"

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/03/2026

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 9 de marzo ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos o Obradoiro "Aprende a usar un planisferio celeste" a cargo de Martin Pawley.

Acceso libre até completar capacidade.

Organizado pola Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, e coa colaboración da Agrupación Astronomia Coruñesa Ío

RESUMO:

Actividade na que as persoas asistentes levarán un planisferio de agasallo e aprenderán a usalo para recoñecer con el as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Ademais, daremos algunhas pistas para a observación da eclipse total de Sol que acontecerá na Coruña o 12 de agosto de 2026.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador de festivais e produtor, cunha ampla traxectoria na divulgación científica, especialmente en temas relacionados coa contaminación lumínica. Coordinador do grupo de traballo sobre contaminación lumínica da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, colaborou en múltiples iniciativas de divulgación, incluíndo conferencias, artigos en revistas científicas como Astronomía. Tamén foi programador da Mostra de Ciencia e Cinema na Coruña e participou na produción de documentais científicos.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión