#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
20/01/2025
Xa rematou
Acceso libre ata completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 20 de xaneiro ás 19.00 h, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, teremos a presentación do libro "Ardentía 1854" de María D. López-Menéndez, publicado por Hércules Ediciones.
Ardentía 1854
A Coruña, 1992. Dolores Seoane é unha moza de 17 anos cun prometedor futuro por diante, pero todo o seu mundo se derruba na noite de San Xoán. Unha visita improvisada á igrexa de San Nicolás e á Virxe das Dores leva a moza ao achado duns libros moi antigos, custodiados no templo. Que ocultan eses libros e quen os deixou alí? A curiosidade de Dolores levaraa a emprender unha insólita viaxe no tempo, que a traslada ata o ano 1854.
Autora:
María D. López-Menéndez Sánchez (A Coruña 1974). Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e o CEU San Pablo, Máster en Edición Xornalística de La Voz de Galicia (Universidade da Coruña).
Como xornalista, deu os seus primeiros pasos na redacción de La Voz de Galicia con 18 anos. Desde entón, desenvolveu a súa carreira principalmente no cinema e a televisión, tanto en dirección de comunicación como na xestión integral do emprazamento de produtos, marcas e institucións nas distintas producións. Ardentía 1854 é a súa primeira novela.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible