Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Detective Ferruchi" de Marta Villar

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/03/2025

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 24 de marzo ás 19.00 h, na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación da novela Detective Ferruchi de Marta Villar, publicado por Xerais.

Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros

Unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.

Sinopse:

Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión. Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. Detective Ferruchi tamén lles dá voz a todas esas mulleres que dende os anos oitenta axudaron a levantar un imperio téxtil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a súa independencia económica. Detective Ferruchi, de Marta Villar, é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.

Marta Villar:

Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) é xornalista. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Foi finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. A súa primeira novela é Non temerás os coches amarelos (Xerais, 2023) e gañou o XLI Premio Xerais de Novela coa obra Detective Ferruchi (Xerais, 2024). Con Os peidos máxicos de Sultán (Xerais, 2024) estréase no eido da literatura infantil.

Acceso libre até completar a capacidade.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión