#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
16/01/2023
Xa rematou
Acceso libre ata completar capacidade.
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 16 de xaneiro ás 19.00 h, Paula C. Frías presentará o seu libro "Historias para vivir, mi viaje hacia la locura", na Biblioteca Fórum Metropolitano.
"Historias para vivir: mi viaje hacia la locura" é un libro no que a autora narra de forma persoal o seu camiño a través da depresión, a ansiedade e un trastorno alimenticio.
O prólogo da obra está escrito por Luís Ferrer i Balsebre, psiquiatra do CHUAC e para quen "Historias para vivir" é un documento biográfico que mostra de maneira sinxela, fresca e sincera, o padecemento de moitos pacientes que teñen que batallar a diario cos síntomas psíquicos e o estigma que estes aínda teñen na sociedade.
Paula C. Frías (Autora)
Paula C. Frías (Madrid, 1979) é licenciada en Filoloxía Inglesa (U. de Salamanca). Despois de realizar estudos na Escola de Cinema e Audiovisuais de Madrid (ECAM) e a New York Film Academy (NYFA, U. de Harvard), trasladouse a Londres, onde comezou a traballar como axudante de dirección de cinema. Entre outras, participou nas seguintes películas: Kingsman (2014), Star Wars VII (2015), Alicia a través do espello (2016), Jason Bourne (2016), Wonder Woman (2017), Colette (2018), Maléfica (2019), O magnífico Iván (2020), Fundación (2021), The English (2022). Dirixiu diversas curtametraxes: Behind the child, Save me, E o Goya é para..., White Darkness, 4ymedia e Chicken. Desde o ano 2008, escribe no seu blog, onde narra as súas experiencias persoais desde que chegou a Londres ata a actualidade cun ton sarcástico e sempre cheo de humor.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible