Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Hogar" de María Nieto

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/10/2023

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 2 de outubro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Hogar" de María Nieto publicado por Aliar Edicións.

SINOPSE:

Que pasa cando a vida obriga a reformular as nosas decisións pasadas, a reabrir as feridas e enfrontarnos aos traumas que logramos sepultar? Iso é o que está a piques de pescudar Ana, unha muller na recta final da trintena, que conseguiu construír unha vida cómoda e eficiente sobre os cascallos dun corazón roto.

Con case corenta anos, un grupo de boas amizades, unha familia coa que mantén boa relación e un traballo que lle gusta, aínda que non o apaixone, Ana leva case quince anos construíndo unha vida que dista moito de ser a que desexa, pero que, está convencida, é a que lle convén. Todo ese autocontrol e esa fachada de satisfacción caen cando o seu pai falece repentinamente e aparece en escena Daniel, un novo artista que elixiu un camiño oposto ao seu e polo que sentirá unha atracción incontrolable, que a obrigará a enfrontarse a si mesma.

Co seu pasado volvendo á superficie e un futuro que non sabe se pode controlar ante ela, Ana terá que tomar decisións que poden cambialo todo para sempre... estea preparada para iso, ou non.

BIOGRAFÍA:

María Nieto, nada na Coruña en 1979. É escritora de contos profesional desde o ano 2002, en que terminou xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid e comezou a traballar como comunicadora. Desde entón nunca deixou de contar historias, aínda que deixou de facelo nos medios para pasar a facelo desde os gabinetes de prensa política e empresarial e posteriormente desde a súa propia axencia de comunicación. Compaxina o seu traballo como directora de comunicación coa súa paixón pola literatura. Publicou varios ensaios e artigos xornalísticos en libros corais. En 2021 publicou o seu primeiro poemario, "Lo que pudo haber sido, lo que es, lo que nunca será"  (Zasbook, 2021).

"Hogar" é a súa primeira novela.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión