Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Presentación do libro “O ring / Ou ring” de Yolanda López

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/03/2026

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 23 de marzo ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "O ring / Ou ring" de YolandaLópez , publicado por Ou lé Libros.

Organizado pola Av. Oza, A Gaiteira e Os Castros.

Acceso libre ata completar capacidade.

SINOPSE:

Composición en dezasete asaltos e un desempate a modo de puxilato poético onde os rounds gáñanse en versos ousados, de metafórica superior e fulgurantes símiles en versos rotundos e cortados a cantil. Cada un deles está encabezado por un elemento representativo do deporte do boxeo: o locutor, a corda, a luva, ata desembocar na caída, o muro, o animal de tiro, o punto de fuga. Percíbese paralelismo entre boxeo e xadrez para salientar a loita contra un mesmo e a soidade ata chegar ao triunfo do eu grazas á resiliencia ante a dor, o que leva á arte de vencer, o xaque mate á morte e á tristeza.

Poesía de identidade, de loita, vangardista, rompedora, na que predomina un estilo expresionista, surrealista, onírico, de elevada intensidade. A poesía como espello do oculto que ao final da batalla sae á luz. O salto ao cuadrilátero para vencer ás adversidades da vida.

Yolanda López

Yolanda López é funcionaria de carreira na Administración de Xustiza (xestora xudicial). Licenciada en Filoloxía inglesa, DEA en literatura norteamericana sureña, técnica superior en turismo, tradutora de libros e artista plástica, dedicouse á docencia a nivel medio e universitario. Realizou a tesina e o doutoramento sobre a identidade individual e colectiva na obra da escritora Eudora Welty. Foi investigadora en diversas universidades estatais (Santiago de Compostela, A Coruña, Castela-A Mancha), na Universidade de Virginia e no Departamento de Arquivos Históricos de Mississippi (Estados Unidos), na Universidade de Birmingham (Reino Unido), así como no Centro Ramón Piñeiro de Galicia colaborando con diferentes relatorios e artigos de ensaio. É autora de dez poemarios individuais e dous plaquettes. Recibiu case trinta premios e recoñecementos nacionais e internacionais. Publicou relatos e artigos de opinión en xornais, libros colectivos e revistas literarias. Formou parte dos recitais de Poesía Nova da Comunidad de Madrid e dos grupos literarios Bilbao e Poekas. Actualmente participa nos faladoiros literarios Poetas Diversos e Poetas Nómades da Coruña. Participou en recitais benéficos, en homenaxes a intelectuais, e en espectáculos de videopoesía, pintura, fotografía, música e danza. Impartiu cursos literarios e foi xurado de certames.

Publica con Olé Libros o poemario O ring / Ou ring en 2025 na colección Ites de poesía.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión