Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Poemas Escollidos" de Douglas Dunn

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/11/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade.

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O próximo luns 7 de novembro ás 19 h. na Biblioteca Fórum Metropolitano temos a presentación do libro "Poemas Escollidos" de Douglas Dunn, a cargo da súa tradutora María Armental.

Os poemas do escritor escocés Douglas Dunn xa se poden ler en galego en Selected Poems / Poemas escollidos grazas á tradución da profesora de lingua inglesa María D. Armental.

Un libro que foi posible grazas á HFD Editorial e á Asociación Cultural Barbantia en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.

Unha publicación de poemas seleccionados, en versión en inglés-galego, que destacan pola unión de realismo crítico, as imaxes surrealistas e a métrica. Na presentación, a tradutora realizará un percorrido pola vida e a obra de Dunn ademais de ler algúns dos seus poemas para o público que se achegue.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión