Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

LUZ CASAL "Me voy a permitir"

Venda de entradas dende o martes 4 de novembro de 2025 ás 11.00 h

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/04/2026

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Os prezos oscilan entre os 50,00 € e os 70,00 € segundo a zona.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://luzcasal.es/conciertos/

Organiza:

Organizado por Cávea Producciones

Luz Casal presenta en xira o seu novo disco Me voy a permitir, o traballo máis ecléctivo e inclasificable da súa carreira, no que se concede o antollo de mostrar dez caras, tantas como cancións: dez actitudes, dez miradas, dez formas de entender o mundo. Móvese coa liberdade de quen xa non ten que demostrar nada. Ensina as súas cartas como dama da chanson francesa e voz contemporánea do cancioneiro latinoamericano. Como cronista do cotián e rockeira que xamais colgou os pantalóns de coiro.

Xa o advertiu Pablo Guerreiro: Luz pode acariñar como a seda ou desgarrar como os cairos dun animal ferido. Capaz de cantar dende o despeito ou a esperanza, canalla ou luminosa, libérrima sempre.

Este novo espectáculo, é unha ponte entre pasado e futuro, certifica a súa dobre condición de compositora intuitiva e talentosa e intérprete excepcional, capaz non só de cantar senón de habitar as cancións, sexan súas ou alleas.

Allea á pirotecnia e os artificios, permítese non seguir máis sinais que as do seu propio instinto, unha liberdade que lle brindou a admiración do público, o respecto da crítica e a complicidade dos seus colegas, un triplo recoñecemento que se produce en contadas ocasións.

Luz Casal estará acompañada por: Tino di Geraldo, Jorge F. Ojea, Peter Oteo, JM Baldoma "Baldo" e Borja Montenegro.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Palacio da Ópera: unicamente o día do concerto
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión