Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Mago Rafa presenta A Nova Maxialidade

Na soidade do seu local de ensaio, o Mago Rafa pasou 80 días encerrado desenvolvendo un espectáculo para a volta á "Nova Normalidade"  mais... nada é normal. Volvemos do confinamento con máis ilusión que nunca. Fantasía, ilusión e diversión asegurada para todos e todas. 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/09/2021

Este evento xa rematou

Horario:

19.00 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 5,00 €

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 12,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

**Todo o que acceda ao auditorio no que terá lugar a función debe facelo con entrada.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
  • En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

  • Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada
  • É necesario puntualidade

RECOMÉNDASE

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

O Mago Rafa é un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 15 anos traballando para divertir e sorprender cun estilo que o caracteriza, a proximidade.

Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, que utiliza para aproximar aos espectadores e espectadoras a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles... mais sempre coa súa tarxeta de presentación: un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idades.

Espectáculo dirixido a público a partir de 4 anos

Espectáculo en lingua galega

Venda de entradas

Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a xoves (excepto festivos) de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 h. / Venres de 10.00 a 15.00 h.

Despacho de billetes Fórum: días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)

Venda telefónica: 662867109

Venda en linea: corunacultura.sacatuentrada.es

Tamén che pode interesar...

  • "Mariquiña", por Raquel Queizás

    Cando:

    Dende o 26/11/2021 ata o 10/12/2021

  • Os nosos ilustres instrumentos, de Laura Romero e Juan Álvarez

    Cando:

    13/12/2021

    Inscricións:

    Dende o 10/12/2021 ata o 13/12/2021

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 5 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión