Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico. Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.
Dirixido a todos os públicos
Para público en xeral
13/08/2026
Acceso libre
4 sesións de 1 hora: 11,13, 18 e 19 h
Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Caseta das Bibliotecas Municipais da Coruña na Rúa da Banda Deseñada
Tel.: 981 184 384
Se visitas a caseta das Bibliotecas o xoves 13 de agosto é moi posible que te atopes con algunha das autoras máis fantásticas do panorama da Banda Deseñada nunha maratón de debuxo fantástico aberta ao público, un obradoiro fabuloso para coñecer de primeira man a técnica e a arte que están detrás das súas orixinais bandas deseñadas!
| Autoras fantásticas | Sesión |
|---|---|
| Eli García | De 11 a 12 h |
| Lucía Cid | De 13 a 14 h |
| Paula Cheshire | De 18 a 19 h |
| Inés Vázquez | De 19 a 20 h |
Todas elas, xunto con Bea Gregores e María Brenn, participan na mostra colectiva "Elas son fantásticas" (Sala Salvador de Madariaga), da que o mesmo 13 de agosto haberá visita guiada ás 17 horas. Ademais, ese día algunhas das autoras fantásticas asinarán no stand de sinaturas da Rúa da Banda Deseñada (Consulta os detalles na web Viñetas desde o Atlántico).

18/07/2026
Dende o 13/07/2026 ata o 18/07/2026
Os días 20/06/2026 ás 12:00 , 11/07/2026 ás 12:00 , 18/07/2026 ás 12:00

Dende o 16/07/2026 ata o 19/07/2026

Dende o 18/07/2026 ata o 19/07/2026

20/07/2026
Acceso libre até completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible