Marcos Meléndrez, o que foi a voz do grupo de pop latino Los Doré, lidera este proxecto no que se mesturan grandes éxitos con temas menos coñecidos, cunha posta en escena intensa, elegante e intimista.
Para público en xeral
10/12/2015
Xa rematou
MIRANDO AL MAR é un CD de boleros chegados ata aquí desde o outro lado do Atlántico, arrastrados polas súas correntes, interpretados ao gusto das sereas. Temas que falan de amor e desamor, de paixóns que aboian ou se afunden entre augas turbulentas, de travesías para corazóns temerarios, afeitos ao sabor do salitre.
Un CD gravado e masterizado na cidade durante este ano 2015 e que se presentará no Teatro Colón o xoves 10 de decembro. Este espazo emblemático da Coruña resulta idóneo para acoller a presentación desta proposta artística, tanto pola súa localización, céntrica a carón do porto, como polo seu acondicionamento, que garante o goce do espectáculo contra vento e marea.
Entidades

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026

29/01/2026
Entradas á venda en
www.sfx-events.com

30/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible