Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada

A exposición articularase en eixos temáticos segundo un ordenamento cronolóxico e espacial, que presentarán a vida e a obra de María Casares, dende o seu nacemento na Coruña ata o seu falecemento en Alloue (Francia). Eminentemente divulgativa, achegará así mesmo materiais de arquivos institucionais e persoais ata o de agora nunca expostos en Galicia. Unha grande exposición no Quiosco Alfonso cunha aplicación en paneis transportables polas bibliotecas e/ou centros cívicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/05/2022 ata o 25/07/2022

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada é un proxecto expositivo que presenta a vida e a obra da actriz galega exiliada María Casares dende o seu nacemento en 1922 na Coruña ata o seu falecemento en 1996 na súa casa de La Vergne en Alloue (Francia). Concibida como un achegamento integral á súa figura, a exposición, eminentemente divulgativa, achega así mesmo materiais de arquivos persoais e institucionais ata o de agora nunca amosados en Galicia. O seu obxectivo é dobre: dunha banda, homenaxear unha das creadoras europeas imprescindibles do século XX e, doutra banda, contribuír a descubrir e a recuperar a través da súa personalidade excepcional a memoria do noso exilio republicano.

María Lopo (comisaria)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión