Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

María de Buenos Aires

María de Buenos Aires, a lendaria operita-tango de Astor Piazzolla e Horacio Ferrer, chega nunha impactante versión contemporánea onde música en directo, danza, teatro e electrónica se funden nun universo poético, escuro e profundamente evocador.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/07/2026

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 40,00 €

Platea - localidades de visibilidade reducida: 36,00 €

Palcos: 40,00 €

Principal: 30,00 €

1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 26,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredita o desconto.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Galemúsica SLU

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

A través da figura de María, muller convertida en mito, o espectáculo percorre unha viaxe de desexo, violencia, identidade e renacemento no Buenos Aires máis simbólico e nocturno.

Encabezan esta proposta a artista multidisciplinar emerxente Teresa Garzón, tamén responsable da dirección escénica e a coreografía, e o recoñecido barítono galego Borja Quiza, que achega toda a súa forza vocal e escénica a unha posta en escena de gran potencia visual e emocional.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión