Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Mekánika Rolling Band no Musicando no Nadal

Espectáculo recomendado para familias con nenas e nenos de +3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

04/01/2023

Xa rematou

Horario:

17.00 e 18.30 horas 

Duración:

40 min aprox.

Enderezo:

Centro Cívico Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Número de prazas:

125

Prezo:

De balde 

A Mekánika Rolling Band é unha banda formada por sete mozos cunha estética entre o glam e o punk que farán gozar as familias con ritmos que van desde o ska, o rocksteady e o rock and roll con moito movemento. Ganadores do concurso Cantalingua deste pasado ano 2022, encargados da dirección musical da gala dos premios Martín Codax da Música 2022 e curtidos nas xiras de verán por toda Galicia, ofrecerán dous pases de diversión e ritmo para toda a familia con temas como "Ghaiteiro", "En busca da festa" ou "Terra de loitadores".

Unha proposta de lecer en familia con dúas sesións: ás 17.00 e ás 18.30 h.

A actividade desenvolverase no salón de actos do Centro Cívico do Castrillón, sen inscrición e con entrada libre ata completar a capacidade (125 persoas en cada pase, incluídas crianzas máis persoas adultas).

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión